Menu Xerais

Poesía da crise, da existencia, da adolescencia, da miseria, da soidade, do extravío, que se fai visual: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, que se presenta mañá venres 17 na Libraría Cartabón de Vigo, ás 20 horas.

 

Terraza

Fran Alonso escribe dende a Terraza e publica en Xerais. Lin na Terraza con pracer, ollando as pombas e as persoas, transcribindo os seus poemas nun vídeo, porque Fran é quen de facer poesía para que non só a leamos, senón que a vivamos e a visualicemos. Ese é un dos seus méritos. Outro é estar ao día das novas teconoloxías, por iso incorpora códigos QR nos seus poemas para achegarnos ao universo literario de seu.
Terraza fala da vida, do cotián, da crise, da existencia, da adolescencia, da miseria, da soidade, do extravío. Fala de calquera de nós, dende unha voz poética que se presenta irónica e comprensiva, intelixente e afín. Con metáforas senlleiras a realidade incorpora a anguria da vida, ralentiza a cidade, viaxa con descoñecidos, presta atención ás pombas famentas, reflexiona sobre o oficio da escrita. Porque a voz poética é parte esencial dese devir que nos atrapa no libro, é un protagonista anónimo máis porque a cidade é anónima e os transeuntes ás veces atrapan nas súas olladas anacos de vidas contrarias. Deses anacos, quizais supostos, permanecen versos inesquecibles.

 

adiviño o perfil 
dunha coidadora de ocasos

 

Ao rapaz que fala co vento
marchoulle a última palabra
 

Deixa un comentario!