Menu Xerais

Presentación na Coruña do libro “Os aforismos do riso futurista” coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane

O martes, 7 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Os aforismos do riso futurista. Autores galegos polo aforismo de Francisco Pillado e Xavier Seoane (coords.).

Nesta festa do aforismo participarán Francisco Pillado, Xavier Seoane, Manuel Bragado e unha representación dos autores e autoras: Lino Braxe, Tucho Calvo, Lois Diéguez, Estíbaliz Espinosa, Francisco Fernández Naval, Alfredo Ferreiro, Rafael Lema, Siro López, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Francisco Pillado, Gustavo Pernas, Henrique Rabuñal, Claudio Rodríguez Fer, Xavier Seoane, Ramiro Torres, Dores Tembrás e Fidel Vidal.

Hai 1 comentario. Engade o teu.

Deixa un comentario!