Menu Xerais

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

 

Colección «Básicos ciencia» de Xerais, divulgación científica en galego

Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura de divulgación científica.

A colección está dirixida por Miguel Vázquez Freire e neste momento consta de  tres obras: Terra de Xurxo Mariño, Historia do ADN de Daniel Soutullo e O universo matemático  de Antom Labranha.
Cómpre ter en conta estes títulos nas bibliotecas escolares de Secundaria, fundamentalmente, para achegar a ciencia e a tecnoloxía á cidadanía porque, en palabras de Xurxo Mariño é preciso ter coñecementos científicos para poder ser cidadáns, para saber separar o que é ciencia do que non o é.

Deixa un comentario!