Menu Xerais

Unha amizade con moitos graffitis: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Libros e arte urbana en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda un par de libros de arte urbana e un deles é  Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso, que acaba de publicar Xerais.

 

Libros e arte urbana: Avións de papel de Xavier Estévez

Xerais vén de publicar Avións de papel de Xavier Estévez, con ilustracións de Marcos Viso. Esta novela foi finalista do Premio Merlín 2016.

Destinada a lectores expertos, conta a historia de Lucas e Sara, que se coñecen por uns avións de papel. Esta amizade irá forxándose polo gusto de ambos pola lectura, pola escritura, polo debuxo, reivindicando a presenza e calidade da arte urbana (murais e graffitis), a través do enigmático personaxe de Hopper.

No epílogo, o autor introdúcenos na arte urbana facendo un percorrido histórico e presentando a algún artista como Powone. Ademais inclúe algunhas imaxes de murais e graffitis da cidade de Vigo e doutros lugares de Galicia.

Imprescindible na biblioteca escolar para pór de relevo a arte urbana, a poesía e por facer un alegato a favor da inclusión.

Deixa un comentario!