Menu Xerais

Unha fonda reflexión da alienación da sociedade: «Sementes», de Sonia García Vidal. Con banda sonora en CD. Crítica en Trafengando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha rencensión sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal (autora do texto e as ilustracións), que se edita acompañado dun CD.

 

Sementes

Que alegría de paquete veño de recibir! E, por suposto, a miña ollada dirixiuse primeiro ao álbum ilustrado que ocupaba gran parte da caixa. Chama a atención pola súa portada, e unha vez aberto polas ilustracións; pero iso non queda aquí. Unha vez lido o texto, un texto en clave metafórico que proporciona unha fonda e sentida reflexión da sociedade actual, da nosa alienación, do pouco respecto pola natureza, ficamos en silencio un longo anaco de tempo. Non pode ser doutro xeito, porque a introspección é necesaria canda este. Permanecen nas nosas pálpebras as imaxes, esa moza encarcerada por saltar as normas dunha sociedade totalitaria: esa que semella que vai volver á nosa sociedade, vendo o que está a ocorrer ao noso arredor.

Este álbum, Sementes, é de Sonia García e está publicado por Xerais. Aínda por riba vén cun CD con banda sonora, conto locutado e montaxe en vídeo.

Gozada.

Deixa un comentario!