Menu Xerais

Unha ollada poética con ironía e subversión: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro de poemas  Teoría do riso, de Antón Patiño.

 

Teoría do riso

Na editorial Xerais, na súa colección de Poesía, podemos atopar esta Teoría do riso de Antón Patiño, que máis ca un libro de poemas semella un libro de intervencións poéticas, dada a raíz do autor, a pintura; así como é posible realizar intervencións pictóricas o autor agasalla desta volta con intervencións poéticas onde a ollada pinctórica é visible tras as palabras; o pincel pinta retratos a base de sílabas que se unen con espazos para separar, con frases para transmitir; unha paleta de cores que é unificada por unha palabra que baila sobre o lenzo, o riso. Unha ollada non exenta de ironía e subversión que ofrece con humor unha diferente percepción da realidade. Ben nos cómpre rir, abofé.
Home invisíbel busca
     muller transparente
para facer cousas
     nunca vistas
(Un riso transversal
      percorre o texto)

Deixa un comentario!