Menu Xerais

Xurxo Mariño, mantedor literario dos Xerais 2017

O profesor e divulgador científico, Xurxo Mariño, autor de Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais, 2017), actuou como mantedor literario da velada. No seu discurso, titulado «A pedra negra», defendeu a convivencia das humanidades e das ciencias experimentais como compoñentes dunha única cultura, reivindicando tanto o coñecemento humanístico para os como o coñecemento experimental para artistas, poetas e novelistas:

«Porén, cando se critica a separación entre as humanidades e as ciencias os argumentos tamén van na dirección contraria: como é posible que haxa artistas, poetas e novelistas que vivan coa convicción de que as mentes da xente de ciencia e o coñecemento que xeran non poden ser máis que analíticos, fríos e estériles, afastados das paixóns, a poesía e os espíritos máis sublimes? Que gran erro! A capacidade de asombro e a intensa potencia poética dalgúns feitos científicos son equiparables as representacións artísticas máis fondas. A falta de comprensión e dificultade que poden existir nalgúns procedementos científicos non son escusas para non abrazar o coñecemento que se xera. De igual xeito que é posible gozar con intensidade da música sen saber tocar un só instrumento ou sen saber como ler unha partitura, tamén é posible gozar da extrema capacidade de abraio e suxestión da ciencia sen coñecer os detalles das fórmulas matemáticas ou os experimentos de laboratorio. Dedicarse a explorar o pracer do coñecemento artístico ignorando este suculento anaco da torta é perder unha magnífica fonte para nutrir a alma.»

O discurso pode baixarse aquí en pdf.

Deixa un comentario!