Menu Xerais

Axenda

Presentación en Pontedeume de “A ira dos mansos” de Manuel Esteban

O mércores, 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto, organizado polo Ateneo Eumés e Xerais, participarán Manuel Esteban e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “A caixiña dos rancores” de Héctor Cajaraville

O martes, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro A caixiña dos rancores de Héctor Cajaraville, novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015. No acto acompañarán ao autor Pilar Ponte,  Manuel Bragado e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.

Presentación en Cornellá de Llobregat de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O sábado, 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto preto da ACG Rosalía de Castro, Frederic Soler, 71, Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

Contacontos na Coruña de “O cociñeiro Martiño” de Iago López

O sábado, 26 de novembro, ás 12:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a sesión de contacontos a cargo de Iago López sobre o seu libro O cociñeiro Martiño.

Presentación en Vigo de “Marcopola 4. Avoa Power” de Jacobo Fernández Serrano

O sábado, 26 de novembro, ás 18:00 horas, na libraría Banda Deseñada, rúa Portela, 3, Vigo, terá lugar a presentación do cómic Marcopola 4. Avoa Power de Jacobo Fernández Serrano. Intervirán Melo, Manuel Bragdo e Jacobo Fernández Serrano.

Presentación en Santiago de “Cousas de papá” de Raúl Gómez Pato e música de Héctor Lorenzo

O sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas, na libraría Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, en Santiago, terá lugar a presentación do libro-disco Cousas de papá con textos de Raúl Gómez Pato, música de Héctor Lorenzo e ilustracións de Blanca Barrio. No acto Héctor Lorenzo cantará varias das cancións do libro acompañado da guitarra.

Contacontos en Ourense sobre o libro “O Cociñeiro Martiño”

O venres, 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Librería CYC, rúa Florentino L. Cuevillas, 10 (esquina Sáenz-Diez), en Ourense, terá lugar a sesión de contacontos a cargo de Iago López sobre o seu libro O cociñeiro Martiño.

Presentación en Cambados de “O camiño da Estadea” de Ramón Caride

O venres, 25 de novembro, ás 19:30 horas, no salón de actos de Exposalnés, paseo da Calzada, s/nº de Cambados, terá lugar a presentación do libro O camiño da Estadea de Ramón Caride. No acto, organizado en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Cambados, participarán Maribel Iglesias, Manuel Núñez, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Santiago de “O inspector e mais eu” de Ignacio Vidal Portabales

O mércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela O inspector e mais eu de Ignacio Vidal Portabales. Acompañarán ao autor Armando Requeixo e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “O cuarto das abellas” de Antía Otero

O venres, 18 de novembro, ás 20:00 horas, en NUMAX, rúa Concepción Arenal, 9, en Santiago, terá lugar a presentación do libro O cuarto das abellas de Antía Otero. No acto participarán Ana Salgado, Fran Alonso e a autora. Para prechar a presentación, Isaac Garabatos e Antía Otero porán música e voz a unha escolla de textos do libro.

Presentación en Navia-Vigo de “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” de Ledicia Costas

O venres, 18 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Hobbit, As Teixugueiras, 32, en Navia-Vigo, terá lugar a presentación do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015. No acto particparán Daniel Landesa, Manuel Bragado e Ledicia Costas.

Presentación en Santiago de “O amor nos escuros días de Birkenau” de Alberto Canal

O martes, 15 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación da novela O amor nos escuros días de Birkenau de Alberto Canal. No acto participarán Diana Pastoriza, Manuel Bragado e Alberto Canal.