Menu Xerais

Axenda

Presentación en Vigo de “Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo” de Xesús Alonso Montero

O luns, 6 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Carlos Núñez, Luís “Ferreiro” e Manuel Bragado.

Presentación en Lugo de “Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo” de Xesús Alonso Montero

O xoves, 23 de febreiro, 2017, ás 20:15 horas, na librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1, Lugo, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Claudio Rodríguez Fer e Manuel Bragado.

Presentación en Ribeira do álbum “Sementes” de Sonia García

O mércores, 22 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, rúa Lustres Rivas, 20, Ribeira, terá lugar a presentación do álbun Sementes de Sonia García. No acto participarán Sonia García e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “Bolxeviques 1917-2017″ de Teresa Moure (coord.)

O martes, 21 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avda. Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure(coord.). No acto, organizado en colaboración con Através Editora, editorial que publicou o tomo Bolcheviques 1917-2017  coordinado tamén por Teresa Moure, participarán José Emílio Vicente e Teresa Moure, coa presenza dos editores.

Presentación na Coruña de “Os tres de nunca” de Nacho Taibo

O xoves, 16 de febreiro, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Os tres de nunca de Nacho Taibo. No acto acompañarán ao autor, Xosé Manuel Martínez Oca e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O mércores, 15 de febreiro, 2017, ás 19:30 horas, no salón de actos do MARCO, rúa Príncipe, 54, Vigo, terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Beatriz Suárez Briones, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Presentación na Coruña de “Bolxeviques 1917-2017″ de Teresa Moure (coord.)

O martes, 14 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na livraria Suévia, rúa Vila de Negreira, 32, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure (coord.). No acto, organizado en colaboración con Através Editora, editorial que publicou o tomo Bolcheviques 1917-2017  coordinado tamén por Teresa Moure, participarán Carlos Velasco, Mario Regueira, e Teresa Moure, coa presenza dos editores.

Presentación na Coruña de “Norteáns” de Mar Guerra

O xoves, 9 de febreiro, ás 19:00 horas, na Fnac, Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Norteáns de Mar Guerra. No acto participarán Xosé Manuel Sande, Manuel Bragado e Mar Guerra.

Presentación en Pontevedra de “Bolxeviques 1917-2017″ de Teresa Moure (coord.)

O mércores, 8 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure (coord.). No acto, organizado en colaboración con Através Editora, editorial que publicou o tomo Bolcheviques 1917-2017  coordinado tamén por Teresa Moure, participarán Xoán Carlos Garrido, Natalia Poncela e Teresa Moure, coa presenza dos editores.

Presentación na Coruña do libro “Os aforismos do riso futurista” coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane

O martes, 7 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Os aforismos do riso futurista. Autores galegos polo aforismo de Francisco Pillado e Xavier Seoane (coords.).

Presentación en Marín de “o espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 3 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa Caracol, 36, de Marín, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. O acto está organizado dentro do programa Os venres do Ateneo.

Presentación na Coruña de “Arredor das Irmandades da Fala” de Luís Cochón (coord.)

O xoves, 2 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Arredor das Irmandades da Fala de Luís Cochón (coordinador). No acto participarán Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña; Luís Cochón, coordinador do libro; Xosé Ramón Barreiro Fernández; Arturo Casas e Manuel Bragado.