Menu Xerais

Axenda

Presentación de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz no Barco

O venres, 26 de maio, 2017, ás 20:30 horas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Academia Dequidt, 6, O Barco, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto, organizado polo Concello do Barco de Valdeorras, participarán Xosé Luís Álvarez, Margarita Pizcueta e Xabier Paz.

Presentación en Moaña de “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco

O venres, 26 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Moaña, terá lugar a presentación do libro O Códice esmeralda de Alberte Blanco. No acto, organizado polo Concello de Moaña, participarán Coral Rios, concelleira de turismo, Manuel Bragado e o autor. Colabora Espazo Lector Nobel.

Presentación en Santiago de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O mércores, 24 de maio, 2017, ás 19,45 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Encarna Otero, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Presentación na Coruña de “Versos dun fistor republicano, …” de Alonso Montero

O luns, 22 de maio, ás 19:30 horas, en Berbiriana libros e grolos, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero. No acto participarán Olivia Rodríguez, Luís “Ferreiro”, Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

Presentación en Vigo de “Avións de papel” de Xavier Estévez

O sábado, 20 de maio, ás 12:30 horas, na libraría Hobbit, As Teixugeiras. 32, Navia, Vigo, terá lugar a presentación do libro Avións de papel de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso. No acto participarán Marcos Viso, Helena Pérez e Xavier Estévez.

Charla coloquio arredor do libro “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón en Marín

O venres, 19 de maio, 2017, ás 20:00 horas, no Museo de Marín, terá lugar a charla coloquio arredor do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. O acto forma parte da programación de “Os venres do Ateneo” organizada polo Ateneo Santa Cecilia de Marín.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Lugo 2017

Do 16 ao 21 de maio, terá lugar a Feira do Libro de Lugo na que Xerais organiza os actos seguintes: Día 19 de maio, venres 19:00 h.: Presentación de Corredora de María Reimóndez, con Cristina López Villar e Manuel Bragado. 20:00 h.: Presentación de Once portas de Héctor Cajaraville, (Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016), con Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “Beixos de lingua” de Paco Barreiro

O venres, 19 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, terá lugar a presentación do libro Beixos de lingua de Paco Barreiro. No acto participarán Fran Alonso e Paco Barreiro, que interpretará varias cancións da súa autoría.

Presentación de “Terra” de Xurxo Mariño en Betanzos

O xoves, 18 de maio, ás 20:00 horas, na libraría Biblos de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño. O acto contará coa intervención de Moncho Bouzas, do Batallón Literario da Costa da Morte.

Presentación en Santiago de “Humildar” de Suso de Toro

O xoves, 18 de maio, ás 20,00 horas en NUMAX, Concepción Arenal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Humildar. Rituais despois de Deus de Suso de Toro. No acto participarán Carlos Pajares, Manuel Bragado e Suso de Toro.

Presentación en Santiago de “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

O martes, 16 de maio, ás 20:30 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar a presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. No acto, organizado pola Asociación Cultura O Galo e Xerais, participarán Marcos Maceira e Carlos Callón.

Héctor Cajaraville na celebración do Día das Letras Galegas 2017 en “El Corte Inglés” de Santiago

O martes, 16 de maio, a partir das 19:30 horas, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, 2017 en El Corte Inglés de Santiago, o escritor Héctor Cajaraville asinará exemplares dos seus libros máis recentes: Once portas, A caixiña dos rancores e Quen dá a quenda?