Menu Xerais

Axenda

Presentación de “Poesía completa” de Valentín Paz Andrade en Compostela

O mércores, 10 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación de Poesía completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente. O acto, no que participarán Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro Fente e Manuel Bragado, terá lugar no Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago.

Pedro Feijoo asinará exemplares de “Os fillos do mar” na Casa do Libro de Vigo

O vindeiro martes, 9 de outubro, a partir das 19:30 horas, Pedro Feijoo asinará exemplares da súa novela Os fillos do mar na Casa do Libro de Vigo con motivo da aparición da terceira edición. Pedro Feijoo organizou no seu facebook un simpático concurso no que todos podemos participar.

Presentación de “Antón Reixa. Ghicho distinto” de Cid Cabido e Manuel Xestoso en Vigo

O xoves, 4 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso. No acto participarán Xosé Manuel Pereiro, Antón Reixa, Manuel Bragado e os autores.

Presentación de “En vías de extinción” de María Reimóndez en Compostela

O martes, 2 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago. No acto participarán María do Cebreiro, María Reimóndez e Manuel Bragado. A autora fará un agasallo a todas as persoas que asistan á presentación.

Presentación “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes en Xanceda, Mesía

O venres, 28 de setembro, ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Xanceda, Mesía, terá lugar o acto de presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto acompañarán ao autor, Pablo Vaamonde e Che Turnes.

Presentación de “Trampa de luz” de Agustín Agra en Noia

O venres, 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Luís Cadarso, s/nº en Noia, terá lugar a presentación da novela Trampa de luz de Agustín Agra.

Presentación de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás en Vigo

O vindeiro venres, 28 de setembro, ás 20:00 horas, na JT Photogallery, rúa Abeleira Menéndez, 13 de Vigo, vai ter lugar a primeira presentación pública do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto participarán Luis Ferreiro, Isabel Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás. Ao remate das palabras, intervirán Labregos do tempo dos Sputniks que cantarán poemas de Celso Emilio Ferreiro.

Presentación en Pontevedra de “15.724″ de Xesús Constela

O vindeiro xoves, 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar a presentación da novela 15.724 de Xesús Constela. O acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, contará coa participación de Adolfo Caamaño, Xaime Toxo, Ana Isabel Vázquez Reboredo, Manuel Bragado e Xesús Constela. Salón de Actos do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, rúa Padre Sarmiento, 51 en Pontevedra.

Conferencia en Ponteareas sobre “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O autor de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e presidente da Mesa, Carlos Callón, desenvolverá unha radiografía da situación do noso idioma e das alternativas para a súa defensa este sábado 22 ás 21 h, dentro do Festival das Brétemas de Ponteareas. A súa intervención estará interpretada tamén en linguaxe de signos.

Presentación en Lugo de “Castelao na Unión Soviética en 1938″ de Xesús Alonso Montero

O mércores, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Carlos Portomeñe e Manuel Bragado.

Presentación en Ribeira de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón

O vindeiro, venres, 21 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón na Aula Multiusos da Confraría de Ribeira.

Presentación en Vigo de “As meigas de Lupa” de María Solar

O acto, que contará coa participación de Fran Alonso, María Solar e coa actuación da rapeira AID,  terá lugar o xoves, 20 de setembro, ás 20,00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 Vigo.