Menu Xerais

Axenda

Presentación “A narrativa xuvenil a debate (2000-2011)”

O venres 7 de setembro, ás 11:00 horas nas instalacións da Biblioteca da Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo, presentarase o libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011) da Rede Temática de Investigación LIJMI. No acto participará Blanca Roig Rechou, coordinadora da obra, e o editor Manuel Bragado.

Presentación d’ «As rapazas de Xan» na Praza das letras de Carballo

O xoves, 23 de agosto, ás 20:3o horas na Praza das Letras de Carballo presentarase a novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto acompañarán ao autor Pablo Vamonde, Che Turnes e Manuel Bragado.

Presentación d´ “O meu primeiro Celso Emilio” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 21:15 horas presentarase o libro disco de Xiana e Xosé Lastra O meu primeiro Celso Emilio.  No acto participan Manuel Bragado, os autores e varios músicos participantes no libro.

Presentación d´ “Atl” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 20:45 horas, presentarase a novela Atl de Manuel Lourenzo, gañadora do Premio Banco Amor de Novela. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Presentación d´ “O país adormentado” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase a novela de Xabier DoCampo O país adormentado. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Presentación de “Castelao na Unión Soviética en 1938″ na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 21:15 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro de Xesús Alonso Montero Castelao na Unión Soviética en 1938. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Presentación “Os fillos do mar” na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 20:45 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase a novela de Pedro Feijoo Os fillos do mar. Acompañarán ao autor Sergio Zearreta e Manuel Bragado.

Presentación de “Para unha crítica do españolismo” na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro de Camilo Nogueira Para unha crítica do españolismo. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Asinatura de Agustín Fernández Paz na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 19:30 horas na Feira do Libro da Coruña o escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

Presentación de “A narrativa mariña” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 21:15 horas na Feira do Libro da coruña presentarase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente. No acto participan: Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.

Presentación de “A derrota de Galicia” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 20:45 horas, na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro A derrota de Galicia de Antón Baamonde.

Presentación de “Xente Nova a Brais Pinto” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 20:00 horas, na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro De Xente Nova a Brais Pinto de Xosé Fernández Ferreiro. No acto articipan: Manuel Bragado e o autor.