Menu Xerais

Axenda

Presentación de «Dragal III. A fraternidade do dragón» na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego. No acto intervirán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e a autora.

Asinatura de Agustín Fernández Paz na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, a partir das 19:30 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, o escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

Presentación «A derrota de Galicia» na Feira do Libro de Vigo

O luns 2 de xullo, ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase A derrota de Galicia de Antón Baamonde. No acto intervirán Manuel Bragado e Antón Baamonde.

Presentación de «En vías de extinción» na Feira do Libro de Vigo

O luns 2 de xullo, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase En vías de extinción de María Reimóndez. No acto intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 29 de xuño ao domingo, 8 de xullo terá lugar, na Praza de Compostela,  a Feira do Libro de Vigo, 2012 na que Xerais participa cos seguintes actos: Día 2 luns 20:00 h.: Presentación de En vías de extinción de María Reimóndez. Intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez. 21:00 h.: Presentación de A derrota de Galicia de Antón Baamonde. Intervirán Manuel Bragado e Antón Baamonde.

Presentación de “Un niño no xardín” de Xoán Neira en Lugo

O venres, 29 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar, na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, a presentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira, publicado na colección Sopa de libros. No acto acompañarán ao autor, o escritor Xosé Miranda e o director de Xerais Manuel Bragado.

Presentación de “As rapazas de Xan” na Coruña

Na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes, o vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 20:30 horas. No acto participarán, Pablo Vaamonde García, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.

Presentación de “Dragal III” de Elena Gallego Abad en Cangas

O vindeiro martes, 26 de xuño, ás 20:00 horas, en colaboración coa Federación de Comerciantes do Morrazo (FECIMO), terá lugar a presentación do libro Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego Abad. O acto, no que intervirán Xosé Bangueses, Manuel Bragado e a autora, será na sede de FECIMO, Avda de Vigo, 91 baixo en Cangas.

Presentación de “Castelao na Unión Soviética en 1938″ de Xesús Alonso Montero en Vigo

Na Casa do Libro de Vigo terá lugar o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor, Rubén Pérez (secretario de organización do PCG), Alfonso Paz-Andrade (vicepresidente da Fundación Castelao) e Manuel Bragado.

Presentación de “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes en Santa Comba

O venres, 22 de xuño, ás 21:00 horas en Ler Librarías, rúa Rosalía de Castro, 32 en Santa Comba, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Isabel Ares, José Manuel López Tuñas, Pablo Vaamonde García, Che Turnes e o autor.

Presentación “Iria” de Anxo Angueira en Bouzas-Vigo

O venres, 22 de xuño, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Bouzas, rúa do Pazo, 2 en Bouzas-Vigo, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira. Participarán Gustavo Luca de Tena, Manuel Bragado e o autor.

Presentación “As meigas de Lupa” de María Solar en Compostela

O vindeiro xoves, 21 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar, na Biblioteca Pública Anxel Casal, Avda. Xoán XXIII de Santiago, a presentación do libro As meigas de Lupa de María Solar, publicado na colección Fóra de xogo. No acto participarán o arqueólogo Xurxo Ayán, Manuel Bragado e María Solar. Ao remate intervirá o cantante Fran Pérez “Narf”.