Menu Xerais

Axenda

Presentación de “As rapazas de Xan” na Coruña

Na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes, o vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 20:30 horas. No acto participarán, Pablo Vaamonde García, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.

Presentación de “Dragal III” de Elena Gallego Abad en Cangas

O vindeiro martes, 26 de xuño, ás 20:00 horas, en colaboración coa Federación de Comerciantes do Morrazo (FECIMO), terá lugar a presentación do libro Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego Abad. O acto, no que intervirán Xosé Bangueses, Manuel Bragado e a autora, será na sede de FECIMO, Avda de Vigo, 91 baixo en Cangas.

Presentación de “Castelao na Unión Soviética en 1938″ de Xesús Alonso Montero en Vigo

Na Casa do Libro de Vigo terá lugar o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor, Rubén Pérez (secretario de organización do PCG), Alfonso Paz-Andrade (vicepresidente da Fundación Castelao) e Manuel Bragado.

Presentación de “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes en Santa Comba

O venres, 22 de xuño, ás 21:00 horas en Ler Librarías, rúa Rosalía de Castro, 32 en Santa Comba, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Isabel Ares, José Manuel López Tuñas, Pablo Vaamonde García, Che Turnes e o autor.

Presentación “Iria” de Anxo Angueira en Bouzas-Vigo

O venres, 22 de xuño, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Bouzas, rúa do Pazo, 2 en Bouzas-Vigo, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira. Participarán Gustavo Luca de Tena, Manuel Bragado e o autor.

Presentación “As meigas de Lupa” de María Solar en Compostela

O vindeiro xoves, 21 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar, na Biblioteca Pública Anxel Casal, Avda. Xoán XXIII de Santiago, a presentación do libro As meigas de Lupa de María Solar, publicado na colección Fóra de xogo. No acto participarán o arqueólogo Xurxo Ayán, Manuel Bragado e María Solar. Ao remate intervirá o cantante Fran Pérez “Narf”.

Presentación en Padrón de “Iria” de Anxo Angueira

O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Social de Padrón, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira. No acto participarán: Malena Barreiros, Manuel Lorenzo Baleirón e Anxo Angueira.

Presentación en Viveiro de “Un niño no xardín” de Xoán Neira

O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de Novacaixagalicia de Viveiro, terá lugar o acto de prensentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira. Participarán: Marica Campo, Manuel Bragado e Xoán Neira.

Pedro Feijoo estará mañá no Club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar, para falar de «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo participará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais 2011.   A novela «Os fillos do mar» no club Sete vidas Este martes 5 de xuño o club de lectura Sete vidas pecha a tempada cunha sesión na que falaremos da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, editada por Xerais.

Os Premios Xerais 2012 fallaranse o sábado 9 de xuño na Illa de San Simón

Un total de setenta e tres obras compiten este ano nos dous premios Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 1 de xuño. Os premios serán fallados o sábado 9 de xuño na illa de San Simón. Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2012, nomeou aos membros dos dous xurados.

Mañá martes preséntase en Compostela o «VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Mañá martes, no Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova 34), ábrese un Espazo Radioescénico para a presentación e acto de entrega do VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego. O acto terá lugar ás 20:00 horas e o acceso sserá libre ata completar aforo.

Presentación en Ourense de “O fillos do mar” de Pedro Feijoo

O acto, que contará coa participación de Diego Ameixeiras, Sergio Zearreta, Manuel Bragado e  Pedro Feijoo, terá lugar o xoves, 10 de maio, ás 20,30 horas, no Café Cultural Auriense, Praça do Corregedor, 11 de Ourense. Nestes días Xerais prepara a segunda edición desta exitosa novela.