Menu Xerais

Gañadores dos Xerais 2017

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 3 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIVª edición do Premio Xerais de Novela, a IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

Na XXXIVª edición do Premio Xerais resultou gañador Santiago Lopo coa novela A arte de trobar, na IXª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Manuel Lourenzo con Ceiba de Luz e na XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil María Canosa con Muriel. No acto de entrega, conducido por Celia Torres, actuou como mantedor literario o escritor e divulgador científico Xurxo Mariño, ocupándose do apartado musical A banda dos cueiros.

Enlace coa gravación completa do acto en xeraistv.

Enlace coas etiquetas de twitter: #PremiosXerais17. #premiosxerais

Enlace coas noticias publicadas no blog de Xerais sobre o Premio Xerais 2017.

Enlace coa páxina que recompila o publicado sobre os Premios Xerais 2017 nos medios e na rede.

Enlace coas galería fotográficas dos Premios Xerais 2017:

Comentarios pechados