Menu Xerais

Xa é hora de existir: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no Diario de Pontevedra sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto. Un sorriso no peito UNHA VEZ máis, a literatura afonda alí onde á vida lle custa explicarse.

Unha guía da Ribeira sacra, útil e práctica, para afondar no coñecemento dunha das comarcas máis fermosas de Galicia

O xornal El Correo Gallego publicou unha información de Ángel Arnáiz sobre a nova edición, aumentada e actualizada da Guía de A Ribeira Sacra, de Manuel Garrido. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O valor da intimidade: «O inspector e mais eu», de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Delfín Caseiro en Tempos Novos

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Delfín Caseiro sobre a novela O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Carlos Negro: «A metáfora que explica o libro é o afeitado, un momento de introspección no que penso que significa ser home»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Carlos Negro sobre o seu libro de poemas Masculino singular.     Carlos Negro: «As revolucións poden comezar polos detalles máis pequenos» Carlos Negro continúa o camiño andado en Penúltimas tendencias no seu novo libro, Masculino singular.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: María Solar, escritora

Novidade: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. A biografía dun poeta que camiñou en liberdade

A biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, é unha novidade de Xerais Crónica. Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta.

O marabilloso legado de Agustín Fernández Paz: «O soño do Merlo Branco»; a derradeira lección. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil O soño do Merlo Branco, de Agustín Fernández Paz.

Novidade: «A Ribeira Sacra», de Manuel Garrido, una guía práctica para viajar por lugares con encanto

A Ribeira Sacra, de Manuel Garrido, é unha novidade de Xerais para este verán. Esta guía práctica de A Ribeira Sacra da a conocer al visitante los encantos que esta comarca ha ido guardando a lo largo de los siglos. El amplio territorio de A Ribeira Sacra, situado en el corazón de Galicia, está recogido aquí de forma exhaustiva. Los ríos Miño y Sil son los protagonistas para el viajero.

A relevancia da lectura: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz.   Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz Pecha un con emoción a derradeira páxina deste libro. Con emoción porque durante unhas horas Un mundo de palabras posibilitou o reencontro co escritor, co lector, co docente, co pedagogo e co ser humano.

María Reimóndez entrevista a Genet Mullugueta, a atleta que protagoniza a súa novela «Corredora», para a revista Criaturas

A revista Criaturas publicou unha entrevista de María Reimóndez a Genet Mullugueta, a atleta etíope que é a protagonista da súa novela Corredora. A entrevista pode lese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Un escuro suceso nunha vila mariñeira durante o franquismo

Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega.

A biografía máis documentada de Manuel Antonio, que achega aspectos totalmente descoñecidos

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de R. Castro sobre o libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.