Menu Xerais

A compañía Ghazafelhos representa “Rubicundo” en Vigo

O domingo, 26 de  marzo, 2017,  ás 18:00 horas,  no Auditorio Municipal, praza do Rei, 1, Vigo, terá lugar a representación de Rubicundo obra de teatro baseada no conto Rubicundo de María Canosa. A obra, dirixida e adaptada por Pepablo Patiño, está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos.

Unha divertida reinterpretación que revira con humor contos moi coñecidos: «Axente riciños», de El Hematocrítico. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre o libro Axente riciños, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xurxo Mariño: «A ollada da ciencia sobre o mundo é un verniz importante para interpretar a vida»

O programa Con voz de sábado de Radiovoz emitiu unha entrevista de Martin Pawly ao neurocientífico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, un libro no que conta, desde o punto de vista dun científico, a súa viaxe arredor do mundo durante un ano.

Alberte Blanco: «A dedicación á política non é compatible co exercicio dunha literatura pensada»

O xornal La Región publica unha entrevista de Xosé Luís Colmenero a Alberte Blanco, autor da novela O Códice esmeralda.

Vídeo de Xavier Queipo no proxecto Atlas Brussels da revista belga DWB

A revista belga DWB, que cumpre 160 anos, incluíu ao escritor galego Xavier Queipo no proxecto Atlas Brussel e gravou o vídeo que reproducimos a continuación. O texto en galego pode lerse nesta ligazón.

Novidade: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco. Trepidante novela de intriga que viaxa á batalla de Rande

O Códice esmeralda, de Alberte Blanco, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo.

Unha triloxía de poética de formato hibridado: «Terraza», de Fran Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Presentación de «Terraza» de Fran Alonso na libraría Cartabón Resultou magnífica a presentación na libraría Cartabón de Terraza, o novo libro de poemas de Fran Alonso.

Distopía e ciencia ficción con tintes sociais: «4_xinetes», de Anxo Fariña. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela 4_xinetes, de Anxo Fariña.

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Colección «Básicos ciencia» de Xerais, divulgación científica en galego Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura de divulgación científica.

“Cousas de papá” en Concerto no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2017

O sábado, 25 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro dos actos organizados polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2017, terá lugar o concerto “Cousas de papá” baseado no libro Cousas de papá Intervirán Héctor Lorenzo, Quim Fariña, Carlos Freire e a actriz Natalia Pajarito.

Conversa arredor da novela “A ira dos mansos” de Manuel Esteban

O venres, 24 de marzo, 2017,  ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar unha conversa arreodor do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. Conversará co autor un membro da Asociación Down de Santiago.

Presentación en Vigo de “Soño de infancia” de Moncho Rouco

O venres, 24 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Soño de infancia de Moncho Rouco. No acto participarán María Xosé Porteiro, prologuista do libro; Manuel Bragado, director de Xerais e o autor.