Menu Xerais

Raúl G. Pato: «Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Marina Santaló a  Raúl Gómez Pato sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, con poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio. (Foto de Martina Miser).   «Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte» «Cousas de papá», de Raúl G.

Xabier Paz: «Interesoume moito a personaxe, entrañable, desa muller pintora que foi quen de emanciparse e vivir libre no século XVII»

O programa ZigZag emitiu unha reportaxe sobre a novela  Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Literatura necesaria. A barbarie en letra miúda: «Os tres de nunca», de Nacho Taibo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas recolle no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre novela Os tres de nunca, de Nacho Taibo publicada no Faro das Letras, de Faro de Vigo.   Literatura necesaria. A barbarie en letra miúda Non é a primeira vez nin seguramente será a derradeira na que unha novela recupera as pavorosos atrocidades que tiveron lugar durante a Guerra Civil española.

O eco do libro «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón, que pretende reabrir o debate social sobre a lingua galega

A presentación en rolda de prensa do libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón tivo moito eco nos medios de comunicación.

Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do escritor Miguel Suárez Abel, autor de diversas obras narrativas, moitas delas publicadas nesta editorial. O escritor e psicólogo Miguel Suárez Abel falceu na tarde de onte en Ferrol e o seu funeral terá lugar este mércores ás 18.00 horas en San Esteban do Campo, en Arzúa Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952).

Xurxo Mariño: «Cando fas unha viaxe dun ano, coma a que fixemos, estableces ligazóns que non es quen de establecer doutro xeito, e sacas conclusións»

O programa Efervesciencia emitiu unha entrevista de Manuel Vicente a Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «A novela ten datos históricos reais sobre Compostela e a súa muralla pero nútrese da fantasía e da ficción»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Héctor Cajaraville, gañador do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016 coa novela Once portas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro ameno, esencial para o ensino: «Carlos Casares. Vida e literatura», de Damián Villalaín. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro Carlos Casares. Vida e literatura, de Damián Villalaín.   Carlos Casares. Vida e literatura Publica Xerais este Carlos Casares. Vida e literatura de Damián Villalaín para achegar a figura do homanexeado nas Letras Galegas á rapazallada dun xeito ben ameno, convértendoo deste xeito nun libro esencial para o ensino nestas datas.

Un aforismo para antes de durmir: «Os aforismos do riso futurista», coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane. Crítica de Diego Ameixeras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Os aforismos do riso futurista, coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane. A crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2017», de Antón Mosteiro. Para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2017

Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2017, de Antón Mosteiro, é unha novidade de Xerais. «Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2017» é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2017.

Carlos Callón: «O galego foi recuando e o catalán e o vasco foron aumentando»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu información sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Celebración do Día do Libro en “El Corte Inglés” de Vigo

Para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril) El Corte Inglés de Vigo progarmou na súa librería as actividades seguintes: Venres, 21 de abril, ás 19:30 horas, Ledicias Costas e o ilustrador Víctor Rivas falarán de  Esmeraldina, a pequena defunta, e asinarán libros. Sábado, 22 de abril, ás 19:30 horas, asinará exemplares, Anxo Fariña autor de 4_XINETES.