Menu Xerais

basesnovela

Premios Xerais 2009

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2009 (25.000 euros),  Merlín de Literatura Infantil 2009 (10.000 euros) e  Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 (10.000 euros). Para participar en calquera dos tres concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 13 abril de 2009 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A.

librodasv

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «lg3»

Isabel Soto publica no espazo de crítica de «lg3» un interesantísimo traballo sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Esta obra foi gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo 2008 ao mellor libro ilustrado do ano.

xg00137501

«A represión lingüística en Galiza no século XX»

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Libros unha crítica sobre o libro de María Pilar Freitas A represión lingüística en Galiza no século XX. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto: Libro que debe figurar na biblioteca de lingüística de todos os centros e profesores.

cropped-fotoblog4

Conexión Tubinga blog

Alberto Canal, autor de Conexión Tubinga ten aberto un blog arredor da novela.

xg001393011

«O xardín das pedras flotantes», crítica de X.M. Eyré

X. M. Eyré publica no seu blog o texto completo da crítica que remitiu A Nosa Terra d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do premio Xerais 2008. Recollemos algúns fragmentos: O xardín das pedras flotantes responde á fórmula do best seller á moda.

xg00152301

«Mil cretinos» ou o home que miraba pola fiestra

Rafael Fernández Lorenzo publica no Cartafol de libros unha crítica sobre Mil cretinos, o libro de Quim Monzó traducido por Helena González. Monzó é escritor, tradutor e periodista, pero na súa ampla obra destacan sobre todo os contos e os relatos breves. Pasaron xa algúns anos dende que publicou o seu anterior libro titulado Splassshf, unha recompilación da súa extensa traxectoria narrativa.

xg00140901

«A Cabeza de Medusa», crítica no «Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publica unha crítica no Cartafol de libros da novela de Marilar Aleixandre A Cabeza de Medusa, gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

xg001439011

«Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego»

Daniel Salgado publica nas páxinas de El País Galicia unha extensa reportaxe sobre o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coordinada por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas Garcñia, coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais.

xg001419013

«A chispa de Xenaro», crítica en «lg3»

Isabel Soto publica no espazo de crítica de lg3 un traballo sobre Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra gañadora do premio Merlín 2008.

cebreiro-320x200

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

O pasado xoves, 18 de decembro, María do Cebreiro foi entrevistada no Diario Cultural con motivo da aparición do seu poemario Non son de aquí.

cp28f03344911_204999

«Festina lente», finalista do premio Novela Europea

Festina lente de Marcos Calveiro forma parte das cinco obras declaradas finalistas do VII Premio de Novela Europea que outorga o Casino de Santiago. Os cinco narradores elixidos como finalistas, ademais de Calveiro, son  o madrileño Montero González (Pólvora negra), o británico Martin Amis (A casa dos encontros), o italiano Sandro Veronesi (Caos calmo) e o grego Petros Markaris (O accionista maioritario).

xg001597011

Xosé Ramón Pena, entrevistado por «A Nosa Terra»

Xosé Ramón Pena, autor d’ A batalla do paraíso triste, é entrevistado polo semanario A Nosa Terra. Recollemos varios fragmentos do texto: A batalla do paraíso triste, alén da contenda, ten que ver tamén coa «batalla» interior de cada personaxe? Por unha banda, o de «paraíso triste» dio Antoine de Saint Exupèry de Lisboa (el viviu, con todo, moi pouquiño tempo alí).