Menu Xerais

“A idade da auga”, crítica

A crítica Dolores Martínez Torres publica no Faro da Cultura unha crítica sobre A idade da auga, o libro de relatos de James R. Salter.

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

O crítico X. M. Eyré adianta hoxe no seu blog as primeiras impresión críticas de Atracción total, o libro de narrativa de Carmen Blanco. Recollemos uns fragmentos do seu texto: “Xa adiantei que me parece un libro atrevido, equilibrio sen rede entre o literario e o non literario. Entre os lectores espertará admiradores apaixonados e detractores convencidos, aventuramos.

Programacións de Bacharelato

Nestes días comezamos a subir á rede as primeiras versións, en formato pdf, das programacións didácticas dos novos libros de Bacharelato. Aquí pode descargarse o documento (64 páxinas) de Lingua e Literatura e aquí o documento (172 páxinas) de Lengua castellana y literatura, ambos os dous de 1º de Bacharelato. Nos próximos días subiremos os documentos de Matemáticas e Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

“Game over”, Carlos Losada

A vindeira semana aparecerá nas librarías Game over, a peza de Carlos Losada, ilustrada por Fran Pedreira, gañadora do IIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil. Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0.

Carlos G. Reigosa, mantedor dos Premios Xerais

Carlos G. Reigosa, gañador hai vinte e cinco anos do Iº Premio Xerais de Novela con Crime en Compostela será o mantedor literario dos Premios Xerais 2008. O escritor da Corda lerá un texto titulado “Que sería de nós sen Xerais?”, que na vindeira semana publicaremos neste blog.

“Festina lente”, adianto primeiras páxinas

Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de abrir un blog da novela.

Finalistas Premios Xerais 2008

Tras a súa primeira sesión de deliberación, celebrada na tarde de hoxe, os xurados dos Premios Xerais 2008 declararon as obras finalistas nas tres modalidades.

“Recordar doe”, artigo de Manuel Rivas

Manuel Rivas dedica hoxe o seu artigo semanal do suplemento “Luces” de El País a Recordar doe, o libro memorialístico de Herminio Barreiro.

Nova referencia a «A represión lingüística en Galiza no século XX»

Na sección “Maré” do xornal Galicia Hoxe recóllese unha nova noticia sobre A represión lingüística en Galiza no século XX, de Mª Pilar Freitas, a partir do acto de presentación da obra que se celebrou onte en Pontevedra e no que acompañaron á autora Andrés Vilán, director do IES Valle Inclán de Pontevedra, Anxo Lorenzo, director da súa tese de doutoramento, e Fran Alonso, subdirector para a edición xeral de Edición

“As pontes do ceo”, nova crítica

Xulio Valcárcel publica na páxina literaria de El Ideal Gallego unha crítica completísima sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía “Vidas de infancia” de Ramiro Fonte. Recollemos varios fragmentos do texto: “Último volume da triloxía “Vidas de infancia”, As pontes no ceo pecha con ramo de ouro un dos proxectos literarios máis ambiciosos dos últimos tempos.

«Ética e Educación para a Cidadanía 4º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Ética e Educación para a Cidadanía 4º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

Nova crítica, “A venus de cristal”

A novela de Chelo Suárez, A venus de cristal, está sendo unha das nosas novidades que esta tempada recibe maior atención por parte da crítica.