Menu Xerais

Narrativa catalana en galego

Tal como se anunciara en xeraisblog, xa están no prelo as traducións dos libros de relatos de Quim Monzó e Sèrgi Pamies, dous dos autores da narrativa catalana contemporánea máis aclamados polo público e recoñecidos pola crítica.

«O club da calceta», funcións na campaña «Voces á orella»

Xa está ultimado o calendario das oito representacións d’ O club da calceta, a adaptación da novela homónima de María Reimóndez preparada por Teatro do Morcego, dentro da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Monforte, 3 e 4 de novembro, 11:30 horas, Edificio Multiusos.

«O profesor de vegliota», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 2 de agosto no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga publicada en Xerais Narrativa. reproducimos o texto: METÁFORA DA DESTRUCIÓN.

Premio Frei Martín Sarmiento, finalistas

Acabamos de coñecer as obras finalistas da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FERE e outorgado, a pasada edición, por máis de cinco mil lectores e lectoras. As obras finalistas das publicadas por Xerais, ao longo do pasado ano 2007, son as seguintes: Fina CASALDERREY: A lagoa das nenas mudas, colección Sopa de Libros (categoría de 3º a 5º de primaria).

Manuel Rivas entrevistado en «Libro aberto»

Manuel Rivas foi entrevistado no primeiro programa da tempada de Libro aberto, o programa de libros da TVG. Manuel Romón e Rivas conversaron arredor da aparición d’ Os Grouchos.

«Renacer», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 26 de xullo no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre Renacer, a novela de Xabier Paz publicada en Xerais Narrativa. Reproducimos o texto: O ARETINO E AS SÚAS CONTRADICIÓNS.

«Manual para coeducar na escola infantil», presentación

Onte ao mediodía foi presentado no IES Portovello de Ourense o Manual para coeducar na escola infantil de María Luísa Abad Abad. Este título é a primeira entrega dunha serie de monografías dirixidas á formación do profesorado de Educación Infantil, coeditadas por Xerais e a rede galega de escolas infantís Galescolas, dependentes da Secretaría Xeral de Igualdade.

«Dicionario de Fraseoloxía Galega», crítica no «Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias.

Entrevista a Mercedes Oliveira, coautora de «Educación para a Cidadanía»

Faro de Vigo publica unha entrevista a Mercedes Oliveira, coautora dos tres manuais de Educación para a Cidadanía editados por Xerais.

«Les feux de La Corogne», entrevista de Liberation a Manuel Rivas

O xornalista de Liberation Philippe Lançon viaxou á Coruña para entrevistar a Manuel Rivas con motivo da aparición en frances d’ Os libros arden mal. Recomendamos a longa entrevista, que constitúe un dos fitos máis salientables da presenza dun autor galego nun medio internacional.

«Os nomes do traidor», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 23 de agosto no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso. Reproducimos o texto: SOBRE IDENTIDADES E TRAIZÓNS.

«Bertiño Rompetodo», primeira crítica

Paula Fernández publica no Faro da Cultura a primeira crítica de Bertiño Rompetodo, o álbum escrito por Ramón Caride e ilustrado por Chus Ferrín, publicado na colección «Merliño».