Menu Xerais

«Recordar doe», crítica no «Faro da Cultura»

Estro Montaña publica unha crítica no Faro da Cultura de Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.

Grande éxito da presentación da obra dramática de Taxes

Máis de cento cincuenta persoas ateigaron o salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña para asistir ao acto de presentación da Obra dramática de Francisco Taxes editada dentro da Biblioteca das Letras Galegas. No acto interviron Ramón Nicolás, Xurxo Taxes, Manuel Rivas e a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo.

«Amancio Amigo e o demo da botella»

Esta semana chegará ás librarías Amancio Amigo e o demo da botella, a segunda entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo.

«Os libros arden mal», finalista do Premio Medicis

A edición francesa d’ Os libros arden mal atópase entre as obras finalistas que optan ao Premio Medicis, o máis importante da edición francesa, xunto ao Goncourt. Rivas, incluído no apartado de Literatura estranxeira, comparte deste xeito nómina de finalistas con autores como Richard Ford, Don De Dillo, Ian MaCwan ou Sasa Stanisic.

«Mal de escola», a volta de Daniel Pennac en galego

Nos primeiros días de outubro estará nas librarías galegas Mal de escola, a celebrada obra de Daniel Pennac, traducida para a nosa lingua por Xavier Senín Fernández.

Teatro de verdade

No blog Trafegando ronseis publícase unha interesante anotación de lectura sobre Limpeza de sangue, o texto dramático de Rubén Ruibal que mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática.

“Historia da chuvia que cae todos os días”, crítica no Cartafol

Mario Regueira publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Historia da chuvia que cae todos os días, a peza de Roberto Salgueiro merecedora do Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2006. Reproducimos unha anaco do primeiro parágrafo do texto: Falar a estas alturas da solvencia técnica de Salgueiro como autor dramático é posíbelmente correr o risco de caer na obviedade.

Presentación na Coruña da obra dramática de Francisco Taxes

O vindeiro martes, 16 de setembro, ás 20:00 horas será presentada na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, a edición da Obra dramática de Francisco Taxes, publicada por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega.

“A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil”

O vindeiro xoves, día 11, ás 10:00 horas presentarase na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago, no seo do V curso de formación continua sobre literaturas infantís e xuvenís, o libro A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil.

“O valor do envoltorio”, estudo sobre a influencia das TIC nos centros educativos

Esta semana aparece nas librarías O valor do envoltorio. Un estudo sobre a influencia das TIC nos centros educativos, preparado polo Grupo Stellae, formado por profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e coordinado por Mª Lourdes Montero Mesa.

«As mellores intencións»: eficacia sen alardes

Xosé Manuel Eyré publica no diario electrónico A Nosa Terra unha gabanciosa crítica da novela de Begoña Paz As mellores intencións, gañadora do premio Centenario do concello de Riveira. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto: As mellores intencións é unha novela breve moi dura, cruel e tenra á vez.

Miscelánea de textos breves

Xosé Manuel Eyré publica no diario electrónico A Nosa Terra unha crítica de Atracción total, o libro de Carmen Blanco publicado en Xerais Narrativa. Recollemos un dos parágrafos máis significativos do texto: O uso da primeira persoa (hai protagonista) permite que moitos textos poidan ser considerados como microcontos, aínda que o lategazo final climático se dirixe á esfera emocional do lector, algo típico da poesía.