Menu Xerais

“O segundo sexo”, crítica

Helena Miguélez Carballeira publica en Protexta unha crítica da tradución galega, preparada por Marga Rodríguez Marcuño, do primeiro tomo d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir.

Entrevista a Jaureguizar

A Nosa Terra publica unha nova entrevista con Jaureguizar, a raíz da obtención do Premio Terra de Melide 2008 pola novela O Globo de Shakespeare, que editará Xerais no vindeiro mes de outubro.

“Cardume”, crítica

Xiana Arias Rego publica en Protexta unha crítica de Cardume, a novela de Rexina Vega, merecedora do Premio Xerais de novela 2007. Premer na imaxe para ler a crítica.

“As pontes no ceo”, nova crítica

Delfín Caseiro publica en Protexta unha crítica sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía Vidas exemplares de Ramiro Fonte.

“Educación para a cidadanía”, “Galicia hoxe”

Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre os nosos libros de Educación para a cidadanía de 2º de ESO.

Carmen Blanco, entrevista en «Galicia Hoxe»

O xornal Galicia Hoxe publica unha entrevista con Carmen Blanco a raíz da súa publicación de Atracción total na nosa colección de Narrativa.

“Que sería de nós sen o Xerais?”

Dolores Vilavedra publica hoxe en “Luces” un artigo valorando a traxectoria das vinte e cinco edicións do Premio Xerais de Novela.

“Educación e paz”, presentación

[slideshare id=465026&doc=seranpolapaz18042008-1213307824314241-8&w=425] Xesús Jares mandounos a reportaxe fotográfica (preparada por Paco Vilabarros) do Serán pola paz, celebrado o pasado 18 de abril, no que presentamos os dous primeiros volumes de Educación e paz e festaxamos o 25 aniversario da fundación do grupo Educadores pola paz.

Premios Xerais 2008 [fotos I]

[slideshare id=464698&doc=fotos-premios-xerais-2008-1213297092468534-8&w=425]

Programación de “Educación para a cidadanía”, 2º de ESO

Aquí pode descargarse a programación de Educación para a cidadanía de 2º de ESO.

“Dicionario de Fraseoloxía Galega”

O editor Miguel Anxo Fernán Vello publica na súa sección “Caderno aberto” de Galicia hoxe unha crítica entusiasta do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias.

Programación de “Lingua e literatura” 4º de ESO

Aquí pode baixarse a programación en pdf (47 páxinas) de Lingua e literatura de 4º de ESO.