Menu Xerais

Presentación “O segundo sexo” en Vigo

O vindeiro venres, 25 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro de Vigo realizarase a presentación do primeiro tomo d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir en Vigo. No acto participarán María Xosé Queizán, Marga Rodríguez Marcuño (tradutora da obra), Manuel Bragado e Carme Adán. Aquí pode atoparse información sobre a primeira presentación da obra, coeditada por Xerais e a Secretaría Xeral de Igualdade.

“A casa da luz” será levada ao cine

A casa da luz, a novela de Xabier P. Docampo, publicada na nosa colección Sopa de Libros, será levada ao cine este ano polo director Carlos Amil Serantes e producida por Vimbio Filmes. A película será “unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nenos” que se realicen en Galicia e será rodada integramente en galego.

“A idade da auga”

Cesare publica no seu blog As túas balas unha anotación sobre a súa lectura d’ A idade da auga, o libro de James R. Salter que apareceu o pasado mes de xaneiro. Recollemos un anaco: “Sempre crin que o que máis me gustaba da escrita de Uxía Casal era que non parecía galega, senón alieníxena.

Xurxo Souto e Fernández Paz en Literactúa

Xurxo Souto con Tres trebóns e Agustín Fernández Paz con O único que queda é o amor participaron nos vindeiros meses no programa Literactúa, organizado polo concello de Carballo.

“Herba moura” en italiano e holandés

Hoxe recibimos as edicións italiana e holandesa da novela Herba moura de Teresa Moure. A edición italiana Le tre donne di Cartesio , cunha tirada de 14.000 exemplares e encadernación en tapa dura, foi preparada pola editorial Corbaccio do Gruppo Editoriale Mauri Spagnol. A holandesa Nachtschade, cunha tirada de 3.000, tamén en tapa dura, apareceu na editorial Signatuur.

Entrevista a Xesús R. Jares

A raíz da celebración hoxe do Serán pola paz, onde serán presentados os dous primeiros volumes de Educación e paz, La Voz de Galicia e Faro de Vigo entrevistan a Xesús R. Jares.

Presentación “Educación e paz”

O venres, 18 de abril, ás 20:00 horas, no seo da celebración do Serán pola paz no Teatro Caixanova de Vigo, serán presentados os dous primeiros volumes da triloxía Educación e paz, coordinada por Xesús R. Jares. No acto, no que intervirán os grupos Abe Rábade Trío e Berrogüetto, ademais de ensaístas e escritores participantes na triloxía, está previsto que asistan preto dun milleiro de persoas.

“Hordas de escritura”, no “Faro da Cultura”

Crítica de Armando Requeixo en Faro da Cultura de Hordas de escritura, o poemario de Chus Pato.

Presentación “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico”

O xoves, 17 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra realizarase a presentación do libro cede, editado por Xerais, que contén as catro obras finalistas do “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico“, convocado pola Radio Galega.

Curso en liña para o profesorado de Matemáticas

No noso espazo web pode atoparse información sobre a convocatoria dun curso de formación, a través de Internet, dirixido ao profesorado de matemáticas do ensino secundario.

“Matádeo mañá”, reeditado

A reedición de Matádeo mañá, o apaixonante libro memorialístico de Elixio Rodríguez, constituíu unha das obras máis demandadas na recente Feira do Libro de Santiago.

Presentación “Fidel Castro. A miña vida”

O mércores 16 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase na Biblioteca de Marín a presentación do libro Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet. No acto, organizado por Xerais en colaboración co Colectivo Nacionalista de Marín, participarán Xosé M.