Menu Xerais

Axenda

Ánxeles Ferrer

Booktrailer para o conto O sombreiro do mago, escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer.

Xabier Paz

Booktrailer da novela Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. Idea, guión, edición e posprodución; Illa Bufarda Voces en off: Davide do Arroio, Alberto Ramos, Darío Ferreiro, Dolores Castro e André Taboada.

David Pérez Iglesias

Alberto Canal

Ramón Nicolás

Booktrailer da novela «O espello do mundo» de Ramón Nicolás, editada por Xerais. Realización: Iago Nicolás.

Diego Giráldez

Booktrailer do libro Galería de saldos, de Diego Giráldez. Xerais 2016. Pasea ao teu antollo pola galería usando o rato. Dirección: Antón Veiga. Realización: Mon Moares. Interpretación das obras: Iago Sánchez Losada. Ilustración da cuberta do libro: Antonio Seijas.

Manuel Gago

Vídeo inspirado na novela O anxo negro de Manuel Gago (Xerais, 2016). Trátase dun experimento audiovisual: a simulación dun trailer dun filme que non existe.

María Solar

A morte dun ancián cunha mensaxe na súa man, «Dime que me queres», destapa unha pasional historia de amor que nunca terminou. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes de aprobarse a lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello secreto e pola necesidade de cambiar as súas vidas.

Xesús Constela

«A rotura das paisaxes», teaser de Mario Iglesias sobre o libro homónimo de Xesús Constela. Locución: Ruth Sabucedo.

Mercedes Queixas

Booktrailer de De pergameos, follas voandeiras, libros ao punto gal. Breve historia da literatura galega, libro de Mercedes Queixas Zas, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

«Escarlatina, a cociñeira defunta»

Peza de sete minutos emitida no programa «Desde Galicia para el mundo» sobre Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, libro ilustrado por Víctor Rivas, que obtivo o Premio Nacional de Literatura Infnatil e Xuvenil 2015.

«De remate» Entrevistas sobre a morte de Sanmarful