Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antón_patiño

Unha ollada poética con ironía e subversión: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro de poemas  Teoría do riso, de Antón Patiño.

Hábitat da liberdade: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Artigo de Antón Patiño

O pintor e poeta Antón Patiño publicou na revista Tempos novos un longo artigo sobre a novela  O último día de Terranova, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Madrid de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O martes, 28 de xuño, ás 19:30 horas, no Círculo de Bellas Artes, Alcalá, 42, Madrid, terá lugar a presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado polo Círculo de Bellas Artes, participarán Antón Patiño,  Mr. David Cooney, embaixador de Irlanda en España e Xurxo Souto. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible “falta de ignorancia”.

O carácter irónico da poesía: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro Teoría do riso, de Antón Patiño. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Antón Patiño: «Gústame que o poema faga un baile tipográfico sobre a páxina en branco». Reportaxe no Zig Zag da TVG

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta e pintor Antón Patiño, sobre o libro de poemas Teoría do riso. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Poesía do mínimo, con palabras que se botan a un: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas Teoría do riso, de Antón Patiño. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antón Patiño: «Non se entendería o proceso das vangardas se non fose pola alianza entre artistas visuais e poetas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Antón Patiño sobre o seu poemario Teoría do riso. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Cando o riso é un elemento subversivo: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Teoría do riso, de Antón Patiño.     «Teoría do riso» de Antón Patiño, presentación en Librouro Pechamos onte o programa de actos e presentacións de 2015 coa de Teoría do riso de Antón Patiño.

Presentación en Vigo de “Teoría do riso” de Antón Patiño

O martes, 29 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Teoría do riso de Antón Patiño. No acto participarán Julián Hernández, Alberto González Alegre, Manuel Bragado e Antón Patiño.

Manuel Rivas: «O marabilloso é que a literatura non pode ser subalterna»

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o acto no Club Faro arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas. A reportaxe pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O venres, 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo, Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, En Vigo, terá lugar a presentación da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Antón Patiño e Manuel Rivas.

Novidade: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Instantes poéticos a escintilar ideogramas sobre a páxina en branco. O Adn da ironía

Teoría do riso, de Antón Patiño é unha novidade da colección de POESÍA de Xerais. É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo. Un océano de risas contra a reixa de ferro.