Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: bacharelato

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Colección «Básicos ciencia» de Xerais, divulgación científica en galego Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura de divulgación científica.

Ciencia: a bioloxía, as matemáticas, o adn, a antropoloxía ou a historia como base da divulgación científica para explicar o mundo

Galicia Ciencia, o portal da ciencia galega publicou unha información sobre a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Xerais abre a porta á divulgación científica en galego A editorial presentou en Compostela os tres primeiros títulos da colección «Básicos Ciencia» 4.

Miguel Vázquez Freire: «A colección Basicos Ciencia de Xerais nace da carencia de libros de divulgación científica para un público amplo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor e profesor Miguel Vázquez Freire sobre a nova colección Básicos Ciencia, de Xerais, da que é coordinador. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Divulgar a ciencia en galego: unha gran colección de contidos científicos

Diversos medios de comunicación, blogs e as redes sociais recollen con amplitude a nova colección Básicos Ciencia que Xerais presentou onte e na que participaron Manuel Bragado, director de Xerais, para quen a colección ten «unha clara intención normalizadora»; Miguel Vázquez Freire, director da colección, que lembrou os prexuízos ligados á divulgación de contidos científicos en galego, cando «algunhas voces aseguraban que

«Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012»

Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012, de Antón Mosteiro García, é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2012.

tanxente

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

Xa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.

Optativas de Bacharelato

Aquí pode descargarse o decreto que establece a relación de materias optativas de bacharelato, o seu currículum e regula a súa oferta. Como materias optativas de oferta obrigatoria en todas as modalidades de bacharelato aparecen Música (1º), Segunda lingua estranxeira (1º e 2º) e Tecnoloxías da información e comunicación (1º).

Currículum de Bacharelato

Hoxe saíu publicado no DOG o Decreto de currículum do Bacharelato LOE da Consellaría de Educación. Inclúe os currículums de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pode descargarse en pdf aquí.

Programacións de Bacharelato

Nestes días comezamos a subir á rede as primeiras versións, en formato pdf, das programacións didácticas dos novos libros de Bacharelato. Aquí pode descargarse o documento (64 páxinas) de Lingua e Literatura e aquí o documento (172 páxinas) de Lengua castellana y literatura, ambos os dous de 1º de Bacharelato. Nos próximos días subiremos os documentos de Matemáticas e Ciencias para o Mundo Contemporáneo.