Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: biotecnoloxía

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Colección «Básicos ciencia» de Xerais, divulgación científica en galego Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura de divulgación científica.

Ciencia: a bioloxía, as matemáticas, o adn, a antropoloxía ou a historia como base da divulgación científica para explicar o mundo

Galicia Ciencia, o portal da ciencia galega publicou unha información sobre a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Xerais abre a porta á divulgación científica en galego A editorial presentou en Compostela os tres primeiros títulos da colección «Básicos Ciencia» 4.

Miguel Vázquez Freire: «A colección Basicos Ciencia de Xerais nace da carencia de libros de divulgación científica para un público amplo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor e profesor Miguel Vázquez Freire sobre a nova colección Básicos Ciencia, de Xerais, da que é coordinador. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Divulgar a ciencia en galego: unha gran colección de contidos científicos

Diversos medios de comunicación, blogs e as redes sociais recollen con amplitude a nova colección Básicos Ciencia que Xerais presentou onte e na que participaron Manuel Bragado, director de Xerais, para quen a colección ten «unha clara intención normalizadora»; Miguel Vázquez Freire, director da colección, que lembrou os prexuízos ligados á divulgación de contidos científicos en galego, cando «algunhas voces aseguraban que

Nunha nova e importante colección: «Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica», de Daniel Soutullo. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro Historia do ADN, subtitulado 40 anos de revolución biotecnolóxica, de Daniel Soutullo.   Historia do ADN Acollo con moitísima ledicia esta nova colección tan importante para a nosa lingua que vén de iniciar a editorial Xerais “Básicos Ciencia”, unha colección de divulgación científica que tanto nos cumpría.

Novidade: «Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica», de Daniel Soutullo. Estilo ameno dirixido a un público amplo.

O libro Historia do ADN, subtitulado 40 anos de revolución biotecnolóxica, de Daniel Soutullo é a primeira novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais. Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN, desde o seu descubrimento, no século XIX, até as investigacións máis recentes, nos albores do XXI.