Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carlos_callón

Á procura dun futuro en galego: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Crítica de Antía Monteagudo en Tempos Novos

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Antía Monteagudo sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Festa dos Libros. Pontevedra 2017. Libros de Xerais

Os días 23, 24 e 25 de xuño, na praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar a Festa dos Libros, 2017 organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías de Pontevedra. O amplo programa desenrolarase  de venres e sábado de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 23.30 h e o domingo de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 22.00 h. As actividades de obras publicadas por Xerais son: Venres, 23 18.

Presentación en Ourense de “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

O venres, 9 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terá lugar a presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. No acto participarán Nemésio Barxa, Iria Taibo e Carlos Callón.

Charla coloquio arredor do libro “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón en Marín

O venres, 19 de maio, 2017, ás 20:00 horas, no Museo de Marín, terá lugar a charla coloquio arredor do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. O acto forma parte da programación de “Os venres do Ateneo” organizada polo Ateneo Santa Cecilia de Marín.

Presentouse na Coruña o libro “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

Carlos Callón: “A pesar das prohibicións que aínda hoxe existen, o galego vive porque é lingua de desexo” “En Galiza non hai igualdade de oportunidades para as persoas que falamos en galego” O local da asociación de veciñas e veciños da Agra do Orzán acolleu onte á tarde ás 20 h a presentación do último libro de Carlos Callón, Galegocalantes e galegofalantes, nun acto en que tamén participaron as pr

Presentación en Santiago de “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

O martes, 16 de maio, ás 20:30 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar a presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. No acto, organizado pola Asociación Cultura O Galo e Xerais, participarán Marcos Maceira e Carlos Callón.

Presentación en Ferrol de “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

O venres, 12 de maio, 2017, ás 20,00 horas, na libraría Galiano, rúa Galiano, 15, Ferrol, terá lugar a presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. Este acto está organizado pola Sociedade Cultural Medulio.

Presentación na Coruña de “Galegocalantes e Galegofalantes” de Carlos Callón

O xoves, 11 de maio, ás 20:00 horas, na Asociación Veciñal Agra de Orzán, rúa Entrepenas, 38, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón No acto, organizado en colaboración coa livraria Suévia, participarán Ana Martíns, Pilar García Negro e Carlos Callón.

Aplaudo o seu optimismo e chamada ao compromiso: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Artigo de Caetano Díaz

O xornal El Correo Gallego publicou un artigo de Caetano Díaz sobre  o libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha ollada iluminadora sobre a lingua: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un artigo de valoración crítica titulado Abril de libros no que fala do libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Compostela 2017

Do 29 de abril ao 7 de maio, na Alameda compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago. Neste evento, Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 2 de maio, martes 19:30 horas: Presentación de Once portas de Héctor Cajaraville. 20:30 horas: Presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. Día 3 de maio, mércores 19:30 horas: Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco.

Carlos Callón: «O futuro do galego está nos galegocalantes, naqueles que aman a lingua pero que non a utilizan»

Praza Pública publicou unha entrevista de Miguel Pardo a  a Carlos Callón sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes. (Foto de Susete).