Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: celia_torres

Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo, premios Xerais 2017

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 3 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIVª edición do Premio Xerais de Novela, a IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón.

Onde sempre nos atopamos o dato preciso e rotundo: «Axenda Dietario Cartoné 2017». Anotación de Ramón NIcolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no seu blog unha anotación sobre a Axenda Dietario Cartoné 2017.   Axenda dietario 2017, Celia Torres (redacción e edición) É posible que conserve algunha axenda-dietario das primeiras que Edicións Xerais publicou.

Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville premios Xerais 2015

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

A galeguidade da Axenda Xerais 2015. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a Axenda Xerais, elaborada por Celia Torres. Coma todos os anos: a Axenda Xerais 2015 Chega estes días ás miñas mans unha nova Axenda Xerais, a dedicada ao próximo ano 2015. Contra o que poida parecer, a autora da devandita axenda non se limitan a reproducir a do ano pasado cos inevitables cambios no calendario.

Unha axenda xenuinamente galega: «Axenda 2004». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a Axenda Xerais, elaborada por Celia Torres.   O engado da axenda tradicional A axenda, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, é o ´libro ou caderno onde se apuntan cousas de interese como aquilo que se ten que facer, enderezos, números de teléfono etc. e que inclúe tamén informacións útiles´.

Os Premios Xerais 2013 nos blogs e nas Redes Sociais

ACTUALIZADO (19/06/2013). A través dos blogs e, en xeral, das redes sociais a cerimonia do fallo dos Premios Xerais 2013 o pasado sábado 8 na Illa de San Simón atopou moito eco. Twitter fíxose amplo dos premios, singularmente a través de etiquetas como #xerais13, premiosxerais2013,  #xerais, etc.. Na foto de Manuel G. Vicente, Celia Torres durante a cerimonia dos premios.

Marcos Calveiro e a parella María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premios Xerais 2012

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados.

O Leo i Arremecághona! obtén un éxito rotundo nos Premios Xerais 2011

Foto Gracia Santorum Celia Torres, condutora dos Premios Xerais e da velada, presentou deste xeito a O Leo i Arremecághona!, un dos máis rotundos éxitos do serán de san Simón. Sempre abrimos o noso acto coa música. Hoxe está con nós O Leo i Arremecághona! un cantante, un artista co significado que o pobo galego lle deu, lle dá ou lle queira dar a esas dúas palabras inantes ou doravante.

Unha festa grande nos Premios Xerais 2011

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 11 de xuño, ditamináronse a XXVIIIª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, a XXVIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e a Vª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros.

Celia Torres, coordinadora dos Premios Xerais 2010

Celia Torres, coordinadora dos Premios Xerais.

300 persoas nos Premios Xerais 2010

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 12 de xuño, ditamináronse a XXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, a XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón, ao que seguiu unha cea ao aire libre nos xardíns da illa.

Os premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv, o sábado a partir das 19:00 horas

O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. No acto, que durará arredor dunha hora, intervirá a escritora Fina Casalderrey como mantedora literaria e os «Alegres da Buraca» no apartado musical.