Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cousas_de_papá

Raúl G. Pato: «Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Marina Santaló a  Raúl Gómez Pato sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, con poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio. (Foto de Martina Miser).   «Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte» «Cousas de papá», de Raúl G.

“Cousas de papá” en Concerto no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2017

O sábado, 25 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro dos actos organizados polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2017, terá lugar o concerto “Cousas de papá” baseado no libro Cousas de papá Intervirán Héctor Lorenzo, Quim Fariña, Carlos Freire e a actriz Natalia Pajarito.

Un libro-CD delicado, de imaxinación desbordante: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio.

Presentación en Santiago de “Cousas de papá” de Raúl Gómez Pato e música de Héctor Lorenzo

O sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas, na libraría Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, en Santiago, terá lugar a presentación do libro-disco Cousas de papá con textos de Raúl Gómez Pato, música de Héctor Lorenzo e ilustracións de Blanca Barrio. No acto Héctor Lorenzo cantará varias das cancións do libro acompañado da guitarra.

Divertido, imaxinativo e musical: «Cousas de papá», libro-disco de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio.

Corenta minutos divertidos e emocionantes de concerto infantil: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Ourense do libro-CD Cousas de papá, con poesía infantil de Raúl Gómez Pato e os poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro . O libro está ilustrado por Blanca Barrio.

Un traballo lúdico, delicado, divertido, tenro e intelixente: «Cousas de papá», libro-disco de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Por García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha recensión crítica sobre o libro-CD de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio.

Un disco fermoso e persoal: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato e Héctor Lorenzo. Crítica de Uxía

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Uxía sobre libro-disco de música e poesía infantil Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro e ilustracións de Blanca Barrio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Ourense do libro-disco infantil “Cousas de papá”

O sábado, 15 de outubro, ás 12:00 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8,  de  Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro-disco Cousas de papá de Raúl Gómez Pato, con música de Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio. No acto participará, xunto cos autores e a ilustradora, Manuel Bragado.

Novidade: «Cousas de papá», de Raúl Gómez Pato é un álbum de poesía infantil musicado por Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio

Cousas de papá, é un libro de poesía infantil de Raúl Gómez Pato cos poemas musicados por Héctor Lorenzo Piñeiro nun CD que inclúe o libro e ilustrado por Blanca Barrio. Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia.