Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: falecemento

Miguel Suárez Abel, azos de tenrura. Anotacións en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o falecemento do escritor Miguel Suárez Abel. Miguel Suárez Abel, azos de tenrura Entristeceunos o pasamento do bo de Miguel Suárez Abel, un escritor no que identifiquei o intelixente optimismo da vontade e a xenerosa entrega para a amizade.

Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento do escritor Miguel Suárez Abel, autor de diversas obras narrativas, moitas delas publicadas nesta editorial. O escritor e psicólogo Miguel Suárez Abel falceu na tarde de onte en Ferrol e o seu funeral terá lugar este mércores ás 18.00 horas en San Esteban do Campo, en Arzúa Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952).

Faleceu Agustín Fernández Paz

  Actualización: 13:30h. Hoxe, a partir das 17 horas estará na sala número 9 do Tanatorio de Pereiró, así como mañá a partir das 10:00 horas. Ás 19 horas de mañá mércores terá lugar un acto na súa memoria no Salón do Tanatorio.

Falece o escritor Xosé Fernández Ferreiro

O escritor Xosé Fernández Ferreiro faleceu na noite de onte na cidade da Coruña. Nacido en 1931, o autor de Nogueira de Ramuín dedicou a vida enteira á literatura e ao xornalismo.

Falece o escritor Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas faleceu hoxe na súa casa en Gres, Vila de Cruces. aos 87 anos de idade.  A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento e resaltar a importancia e o valor do seu papel no ámbito da literatura e a cultura galegas.

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento de don Germán Sánchez Ruipérez

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu fondo pesar polo falecemento don Germán Sánchez Ruipérez. Editor e mecenas da lectura, fundador da editorial Anaya, foi cofundador de Edicións Xerais de Galicia en 1979. Reproducimos a continuación a semblanza que Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Faro de Vigo.

Faleceu o tradutor Valentín Arias, ligado a Xerais desde a súa fundación

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu pesar pola morte do tradutor e profesor Valentín Arias, colaborador de Xerais desde a súa fundación. Valentín Arias faleceu o pasado venres aos 76 anos de idade na súa casa de Sarria e foi incinerado en Vigo este domingo. O seu papel máis destacado foi o de tradutor, sendo membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia.

Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán

Hoxe, ás cinco da tarde, celebrarase unha homenaxe civil en Sisán, Ribadumia, ao profesor e pedagogo Herminio Barreiro, falecido o pasado sábado en Compostela.