Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fran_alonso

Escribir sobre o espazo que rodea o poeta: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Noelia Gómez

Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Noelia Gómez sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Desenfocar a ollada A terraza dun bar, café, caderno e lapis. Este é o espazo físico no que transcorre Terraza, o novo poemario de Fran Alonso, editado por Xerais.

Fran Alonso: «’Terraza’ é un libro sobre a vida e o tempo, moi social, no que rompo o plano da realidade con imaxes surrealistas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní co escritor Fran Alonso sobre o seu novo libro de poemas Terraza. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Fran Alonso: «Escribo diariamente un poema en Twitter porque me parece un reto moi atractivo»

A edición do Deza de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña co escritor Fran Alonso a partir dun encontro cos estudantes en torno ao seu libro Cidades. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A terraza como verso, desde a radicalidade do discurso: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, recensión que reproduce tamén no seu blog. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Terraza», de Fran Alonso. Un home contempla a vida desde a terraza dun bar mentres toma un café

Terraza, de Fran Alonso, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Fran Alonso: «A pobreza fai que as familias se desestruturen»

Radio Lider emitiu unha entrevista de Azucena García González a Fran Alonso sobre a súa novela infantil O brillo dos elefantes. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Fran Alonso sorprende explorando as posibilidades da poesía, voz, música, novas tecnoloxías e imaxe: «Poemas birollos para ler cos ollos». Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobreo libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Estímulos para os ollos: a compoñente lúdica do poético: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Crítica na web da OEPLI

A web da OEPLI publicou unha recensión de Antía Marante sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso Poesía para niñas y niños de la mano de Fran Alonso, escritor gallego comprometido con el  acercamiento de este género al lectorado infantil y juvenil.

Fran Alonso: «O dominio da linguaxe é unha forma de poder»

La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista de Cándida Andaluz a Fran Alonso, autor de Poemas birollos para ler cos ollos, sobre a transmisión da poesía ao público infantil.

Achegar a poesía aos cativos con frescura e sen complexos: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Na web de Botóns

A web de Botóns (Portal Galego de Educación) publicou unha información sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

Presentación en Santiago de “Poemas birollos para ler cos ollos” de Fran Alonso

O sábado, 15 de outubro, ás 12:30 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Baixo, de Santiago de Compostela,  terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso.