Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: fran_p_lorenzo

Novidade: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Un poemario docemente amargo

O cuarto das abellas, de Antía Otero, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte –escribiu ela nunha carta– é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.

Obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016

Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016, convocados conxuntamente, por primeira vez, pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Xerais está representada por un importante número de obras.   Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016 Ensaio Carlos Maside.

Encontro con Fran P. Lorenzo no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro» arredor de «Cabalos e lobos»

              Ramón Nicolás publicou no Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que mantivo Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro, do IES Valadares.   Con Fran P. Lorenzo, no Club de Lectura do IES Valadares Achegouse onte ao pé do Galiñeiro Fran P.

Os libros máis vendidos no ano 2015 segundo o Taboleiro do libro galego

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2015 a partir da información proporcionada polas librarías galegas.   NARRATIVA   1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda 2º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos – – – – – – – – – – – – – – – – – – 4º-.

Paseos polo Vigo Literario con Fran Alonso e Fran P. Lorenzo

A web da AELG publicou unha información sobre os Paseos polo Vigo Literario cos escritores Fran Alonso e Fran P. Lorenzo.     Paseos polo Vigo Literario. Outono de 2015, con Fran Alonso e Fran P. Lorenzo Os Paseos polo Vigo Literario.

Fran P. Lorenzo: «As letras galegas sofren do virus do pudor»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos. (Foto: Arxina).     Fran P. Lorenzo: «As letras galegas sofren do virus do pudor» Cabalos e lobos (Xerais) é o título do debú literario de Fran P. Lorenzo (Vigo, 1973). Esta novela gañou o Premio Blanco Amor 2014 e converteuse nun dos libros máis vendidos do ano.

Fran P. Lorenzo: «Na novela quería falar de como son os totalitarismos e como se vive o ascenso do fascismo»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Jaureguizar a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.   A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Fran P. Lorenzo: «O meu obxectivo era que os lectores descubran un vigo cun pasado do que se sentir orgullosos»

Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.     FRAN P. LORENZO AUTOR DE “CABALOS E LOBOS”, VISITOU ONTE A FEIRA DO LIBRO ‘O meu obxectivo era que os lectores descubran un vigo cun pasado do que se sentir orgullosos’ Hai uns meses, Fran P.

A cidade nebulosa: «Cabalos e lobos» de Fran P. Lorenzo. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación en Vigo da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor de Novela 2014.     A cidade nebulosa A presentación de Cabalos e lobos de onte en El Corte Inglés de Vigo foi outra oportunidade magnífica para escoitar a Fran P.

Biosbardia recomenda unha lista de lecturas para o verán 2015

O blog Biosbardia, o blog literario de César Lorenzo Gil, recomenda unha lista de lecturas para este verán. Extraemos as correspondentes aos libros publicados por Xerais.     Coa calor entra a modorra, as ganas de non facer nada, esa luz a medias atractiva a medias perigosa porque nos sufoca. Amais dunha sombra, poucas cousas hai máis saborosas no verán que aproveitar ese estado de perpetuo sono para a lectura á sombra.

Gloriosa ambición: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Jaureguizar

O xornalista e escritor Jaureguizar publica en El Progreso unha opinión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. A crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Best seller de calidade: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.