Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: galego

Dúas novelas engaiolantes: «Crónica Córnica», de Francisco Coimbra e «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo no que fala sobre as novelas Crónica Córnica, de Francisco Coimbra e Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Valentina Formoso: «Hai que mudar o imaxinario con respecto á lingua e deseñar un plan de normalización que atenda a todos os sectores»

Emilio Xosé Ínsua publicou no seu blog  unha entrevista a Valentina Formoso , previamente publicada na revista Aulas Libres, na que fala sobre normalización lingüística e tamén do seu libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico.

Aplaudo o seu optimismo e chamada ao compromiso: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Artigo de Caetano Díaz

O xornal El Correo Gallego publicou un artigo de Caetano Díaz sobre  o libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha ollada iluminadora sobre a lingua: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un artigo de valoración crítica titulado Abril de libros no que fala do libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón.

Carlos Callón: «O futuro do galego está nos galegocalantes, naqueles que aman a lingua pero que non a utilizan»

Praza Pública publicou unha entrevista de Miguel Pardo a  a Carlos Callón sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes. (Foto de Susete).

Carlos Callón: «Non hai mellor defensa dun idioma que o seu uso»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Carlos Callón sobre o seu o libro Galegocalantes e galegofalantes. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O mérito do galego é estar vivo: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón.

O eco do libro «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón, que pretende reabrir o debate social sobre a lingua galega

A presentación en rolda de prensa do libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón tivo moito eco nos medios de comunicación.

Xurxo Mariño: «Cando fas unha viaxe dun ano, coma a que fixemos, estableces ligazóns que non es quen de establecer doutro xeito, e sacas conclusións»

O programa Efervesciencia emitiu unha entrevista de Manuel Vicente a Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Carlos Callón: «O galego foi recuando e o catalán e o vasco foron aumentando»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu información sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un intervalo de anos negros para a lingua galega polos graves retrocesos sufridos: «Galegocalantes e galegofalantes», de Carlos Callón. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón.     Galegocalantes e galegofalantes A última compilación de traballos publicados por Carlos Callón en defensa do noso idioma abrangue o período 2009-2016.

Xurxo Mariño: a volta ao mundo dun neurocientífico galego. Entrevista en Galicia Ciencia

Galicia Ciencia, o portal da ciencia galega publicou unha entrevista de Manuel Rey ao neurocientífico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, un libro no que conta, desde o punto de vista dun científico, a súa viaxe arredor do mundo durante un ano. (Fotografía: Eli Couto).