Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: héctor_cajaraville

Unha lectura amena e entretida: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «A miña novela descubre a antiga muralla de Compostela, de 2 quilómetros, 5 metros de altura, 3 metros de ancho e 50 torres»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Héctor Cajaraville, sobre a súa novela Once portas, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Poña un misterio na súa vida: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.   Poña un misterio na súa vida Un misterio, unha incógnita por descifrar, o ser humano é un ser intelixente ao que se lle supón valentía pero non todos a demostramos na mesma medida.

Héctor Cajaraville: «Sobre elementos reais construín unha historia fantástica lle da valor a esta novela»

O xornal El Progreso de Lugo publicou unha entrevista de María L. Viñas ao escritor Héctor Cajaraville, sobre a súa novela e Once portas. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Reimóndez e Héctor Cajaraville na Feira do Libro de Lugo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as presentacións de Corredora, de María Reimóndez, e Once portas de Héctor Cajaraville, na Feira do Libro de Lugo.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Lugo 2017

Do 16 ao 21 de maio, terá lugar a Feira do Libro de Lugo na que Xerais organiza os actos seguintes: Día 19 de maio, venres 19:00 h.: Presentación de Corredora de María Reimóndez, con Cristina López Villar e Manuel Bragado. 20:00 h.: Presentación de Once portas de Héctor Cajaraville, (Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016), con Manuel Bragado.

Novela curta ben construída, un agasallo para Santiago e a súa historia: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.   Recensión: Héctor Cajaraville, «Once portas» Como santiagués de adopción, considero que con varios anos na cidade xa merezo un pouco o título, sempre da a impresión de que coñeces moito da cidade.

Héctor Cajaraville na celebración do Día das Letras Galegas 2017 en “El Corte Inglés” de Santiago

O martes, 16 de maio, a partir das 19:30 horas, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, 2017 en El Corte Inglés de Santiago, o escritor Héctor Cajaraville asinará exemplares dos seus libros máis recentes: Once portas, A caixiña dos rancores e Quen dá a quenda?

Crónica da presentación da novela «Once portas», de Héctor Cajaraville, no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha crónica de David González Domínguez sobre a presentación da novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.   Presentación: Héctor Cajaraville, Once Portas.

Unha novela de intriga, híbrida, entre a ficción e a historia: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.

Reviravolta nunha novela curta moi recomendable que sorprende: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.     Once portas Héctor Cajaraville sorpréndenos con esta novela curta, Premio de Narrativa curta Ánxel Fole o ano pasado, Once portas publicada por Xerais.

Páxinas orixinais capaces aínda de atrapar ao lector: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un artigo de valoración crítica titulado Abril de libros no que fala da novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.   Once portas É inevitable non recomendar tamén a novela coa que Héctor Cajaraville vén de acadar o XVII Premio Ánxel Fole de narrativa curta, Once Portas, que edita Xerais.