Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: manuel_rivas

Manuel Rivas: «Para min as novas tecnoloxías son a literatura e o teatro»

Galiciaè publicou unha información sobre o escritor Manuel Rivas. O xornal dixital Galicia Confidencial tamén a recolle nesta ligazón.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

A novela «O último día de Terranova», de Manuel Rivas, finalista da XIII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago

A novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas foi elixida hoxe entre as finalistas da XIII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, segundo se acaba de facer público. As outras novelas finalistas son: Cicatriz, de Juan Gómez-Jurado; Valor, de Clara Usón; Expo 58, de Jonathan Coe; e La Guitarra Azul de John Banvill.

En vídeo, a visita de Manuel Rivas ao IES Laxeiro de Lalín, que lle deu o seu nome ao salón de actos

O blog da Biblioteca do IES Laxeiro de Lalín publicou diversos vídeos sobre o acto no que o escritor Manuel Rivas descubriu a placa que lle daba o seu nome ao salón de actos do centro, nunha xornada ateigada de actividades en torno á obra do escritor. Reproducimos os vídeos.

XG00255401

De que están feitos os tesouros: dor, sufrimento e escravitude: «Bala perdida», de Manuel Rivas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela infantil Bala perdida, de Manuel Rivas.     Samaín dos libros A presentación da nova edición de Bala Perdida, a primeira novela de Manuel Rivas para público novo, coincidiu co Samaín dos Libros no que a editorial participou onte na FNAC da Coruña e na Libraría Paz de Pontevedra.

Presentación na Coruña de “Bala Perdida” de Manuel Rivas

O sábado, 29 de outubro, ás 19:00 horas, na Fnac, Mercado Eusebio da Garda, Praza de Lugo, s/nº, da Coruña, terá lugar a presentación do libro Bala Perdida de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Manuel Rivas: «Os libros xa forman parte da natureza»

O programa de TVE Página 2 emitiu unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova. A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Os libros arden mal», de Manuel Rivas, gaña o Premio Mondoñedo 10 ao mellor novela da última década

O escritor Manuel Rivas resultou gañador esta fin de semana do Premio Mondoñedo 10 con Os libros arden mal, novela que un xurado escolleu como a mellor das publicadas nos últimos dez anos.

María Reimóndez, Manuel Rivas e Agustín Fernández Paz, finalistas de Xerais nos Premios Mondoñedo 10 (modalidade Narrativa)

O escritor Agustín Fernández Paz coa novela Non hai noite tan longa, a escritora  María Reimóndez con O club da calceta e Manuel Rivas con Os libros arden mal son as tres novelas finalistas de Xerais, dun total de seis, dos Premios Mondoñedo 10 na modalidade de Narrativa.

Tres libros de Xerais, finalistas dos Premios Frei Martín Sarmiento, da autoría de Héctor Cajaraville, Manuel Rivas e María Solar

Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville; Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, e  As horas roubadas, de María Solar son os libros de Xerais elixidos finalistas en tres categorías da XIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.   Finalistas de Xerais da décimo terceira edición 3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria CAJARAVILLE, HÉCTOR; Quen dá a quenda; Ed.

Unha historia de piratas superrecomendada e fresca: «Bala perdida», de Manuel Rivas. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre a novela Bala perdida, de Manuel Rivas.   Bala Perdida. Tres pasos atrás. tac, tac, tac. Hoxe no souto falamos dunha reedición, desas obras que a pesar do tempo non perden en absoluto a súa esencia e que, acertadamente, Xerais edita na colección Sopa de Libros. Trátase de Bala Perdida, unha obra de Manuel Rivas ilustrada por Miguelanxo Prado.