Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: miguel_vázquez_freire

Novidade: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Un escuro suceso nunha vila mariñeira durante o franquismo

Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega.

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Colección «Básicos ciencia» de Xerais, divulgación científica en galego Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura de divulgación científica.

Ciencia: a bioloxía, as matemáticas, o adn, a antropoloxía ou a historia como base da divulgación científica para explicar o mundo

Galicia Ciencia, o portal da ciencia galega publicou unha información sobre a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Xerais abre a porta á divulgación científica en galego A editorial presentou en Compostela os tres primeiros títulos da colección «Básicos Ciencia» 4.

Miguel Vázquez Freire: «A colección Basicos Ciencia de Xerais nace da carencia de libros de divulgación científica para un público amplo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor e profesor Miguel Vázquez Freire sobre a nova colección Básicos Ciencia, de Xerais, da que é coordinador. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Divulgar a ciencia en galego: unha gran colección de contidos científicos

Diversos medios de comunicación, blogs e as redes sociais recollen con amplitude a nova colección Básicos Ciencia que Xerais presentou onte e na que participaron Manuel Bragado, director de Xerais, para quen a colección ten «unha clara intención normalizadora»; Miguel Vázquez Freire, director da colección, que lembrou os prexuízos ligados á divulgación de contidos científicos en galego, cando «algunhas voces aseguraban que

Por un novo humanismo ilustrado e democrático: «Todos somos Ulises», de Xavier Seoane. Crítica de Miguel Vázquez Freire

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de de Miguel Vázquez Freire sobre o ensaio  Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista, de Xavier Seoane. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Miguel Vázquez Freire

«Unha parábola verniana» de Miguel Vázquez Freire

O escritor Miguel Vázquez Freire, como mantedor literario desta velada, comezou o seu discurso, titulado «Unha parábola verniana», lembrando o capítulo VIII da 2ª parte de Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar, que leva por título «Na baía de Vigo» para dar pé despois a análise dunha serie de aporías relacionadas coa literatura dirixida á infancia e mocidade.

Premios Xerais 2015, gravación do acto

Your browser does not support iframes.

Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville premios Xerais 2015

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

«Pensar o nacionalismo»

A revista Tempos Novos publicou un longo artigo de Miguel Vázquez Freire titulado «Pensar o nacionalismo» no que se fai unha reflexión en torno á necesidade de repensar a política do nacionalismo a partir de dous libros de recente publicación, un deles E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata, publicado por Xerais, así como outro de Xaime Subiela.

A memoria da escola

A revista Tempos Novos publicou un longo artigo de Miguel Vázquez Freire titulado «Escolas da memoria» no que fai un percorrido sobre a memoria da escola a través de diversos libros, entre eles varios de Xerais.