Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_corazón_de_xúpiter

Booktráiler de «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, realizado por alumnado do IES Castro Alobre

O alumnado de 4ºB do IES Castro Alobre realizou un booktrailer sobre a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.

Tertulia do Club de Lectura do IEs de Fene sobre a novela «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, retransmitida por Radiofusión

O Club de lectura do IEs de Fene, escolleu a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, e a tertulia en torno ao libro emitiuse en Radiofusión. A tertulia pode escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, centrará mañá o encontro do Comando Le de Espazo Lectura

Un encontro  coa escritora Ledicia Costas en torno ao seu libro O corazón de Xúpiter centra a sesión de mañá sábado 28 de febreiro, do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, na opinión de catro estudantes

Gracia Santorum  publicou en As estelas dos ronseis algunhas opinións dos seus alumnos e alumnas sobre O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. As opinións poden consultarse nesta ligazón.

Unha das novelas que te namora: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. A opinión da estudante Aida Vilariño

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Aida Vilariño sobre a novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.   O corazón de Xúpiter Para Isla foi moi difícil mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por pasar horas mirando os planetas a través do telescopio. Casiopea era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba  a miúdo.

Fantástico libro: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. A opinión da estudante Laura Presas

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Laura Presas Mato sobre a novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.   O corazón de Xúpiter Este é un fantástico libro, no máis sincero comentario encantoume. Trata sobre unha rapaza chamada Isla, fanática da astronomía, é unha rapaza que pode pasarse horas e horas sumerxida no seu telescopio mirando as estrelas.

Sinxelamente xenial: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas. A opinión dunha estudante

O blog Lecturas de Beltrán recolle a recomendación dunha lectora, estudante de instituto, sobre O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.   O corazón de Xúpiter O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas .Outro libro obrigatorio do instituto pero que, neste caso, me provocou unha sensación totalmente distinta a Finis Mundi. Encantoume!!! Pareceume un libro fantástico, e sobre todo moi tenro e emotivo.

Ramón Caride, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento

A pomba dona Paz, de Ramón Caride; Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz e O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, foron elixidos finalistas da X edición do Premio Frei Martín Sarmiento.  Os libros finalistas de Xerais pertencen ás categorías de 1º e 2º de Educación Prmiaria, 3º e 4º de Educación Primaria e 3º e 4º da ESO.

Ledicia Costas e Ramón Nicolás, premios AELG de Literatura Infantil e Xuvenil e Ensaio

A escritora Ledicia Costas e o escritor Ramón Nicolás resultaron premiados o pasado sábado polos membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que elixiron as mellores obras de 2012 nunha gala celebrada no auditorio do Centro Ágora de A Coruña.

Finalistas dos Premios AELG 2013

A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo públicos os finalistas dos Premios AELG 2013. Entre eles, constan os seguintes libros de Xerais:   Narrativa - A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, recomendado en Rede lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomendou a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.     Literatura de risco   A novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, publicado na colección Fóra de Xogo de Xerais, acaba de ganar o premio de literatura infantil e xuvenil da AGE (Asociación Galega de Editores) Unha novela que reflite un problema. Un problema moi actual.