Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_espello_do_mundo

Gocei inmenso con «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Recensión de Eliseu Mera

Eliseu Mera publicou no seu blog unha anotación sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.     Hildegard von Bingen em Ramirás Gozei imenso com O espello do mundo, o magnífico romance de Ramón Nicolás. Além das múltiplas virtudes do livro, devo confessar que a sua leitura foi especial para mim por dous motivos especiais: o passeio polo Ramirás medieval e a presença da figura de Hildegard von Bingen.

Ramón Nicolás estará hoxe, coa súa novela «O espello do mundo», no Club de Lectura da Escola Oficial de Idiomas de Vigo

O Club de Lectura da Escola Oficial de Idiomas de Vigo organiza un encontro hoxe martes, ás 18,30 horas, na Sala do Profesorado, co escritor e crítico Ramón Nicolás, sobre a súa novela O espello do mundo.

Novela brillante: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Henrique Rabuñal en Grial

O escritor Henrique Rabuñal publicou na revista Grial unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   O espello do mundo Ramón Nicolás compartira connosco as páxinas de Muralla de Crescornio (1989) onde publicara “Ricardo G. Greenfield”.

Presentación en Marín de “o espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 3 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa Caracol, 36, de Marín, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. O acto está organizado dentro do programa Os venres do Ateneo.

Boa novela histórica que proxecta intereses do noso tempo: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   «O espello do mundo». A Idade das Mulleres Hai moitas novelas históricas que se establecen en dous planos temporais. A máis famosa (e interesante a día de hoxe malia estar descatalogada) é Xa vai o griffon no vento (1986), de Alfredo Conde.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Carta de Hildegarde a Ramón Nicolás sobre a novela «O espello do mundo». Por Marilar Aleixandre

Reproducimos o texto da intervención da escritora Marilar Aleixandre durante a presentación en Compostela da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   Carta de Hildegarde von Bingen a Ragemundus Nicolaus Hildegarde von Bingen, Magistra de Rupertsberg, a Ragemundus Nicolaus, Profesor na chousura de Valadares, na Gallaecia.

Artigo de Montse Fajardo sobre a novela «O espello do mundo», de Ramón Nicolás

Reproducimos o texto da intervención da xornalista Montse Fajardo durante a presentación en Pontevedra da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.     O espello do mundo Libraría Paz – Pontevedra Ídesme perdoar que empece contando algo que non ten que ver co libro, pero que di moito tanto do seu autor como do sitio no que estamos.

Presentación en Santiago de “O espello do mundo” de ´Ramón Nicolás

O luns, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, en Santiago, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Marilar Aleixandre, Chus Nogueira, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Presentación en Pontevedra de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O xoves, 27 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Ana Acuña, Montse Fajardo, Fran Alonso e Ramón Nicolás.

Ramón Nicolás: «As onas eran mulleres con moitísima personalidade»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista ao escritor e crítico Ramón Nicolás sobre a súa novela O espello do mundo. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un libro magnífico, para gustar: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Artigo de Lino García

Lino García publicou en Sermos Galiza un artigo sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   «O espello do mundo», de Ramón Nicolás Cando un libro destaca polo interior sobre os adornos ou abelorios que o rodean é digno de mención, ten o tempo gañado por riba das comparsas.