Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_trompetista_e_a_lúa

As novidades infantís e xuvenís, no blog de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre as últimas novidades de literatura infantil e xuvenil de Xerais.     MÁIS LIBROS PARA NENOS E NENAS (OU PARA TODOS) QUE NOS PRESENTA EDICIÓNS XERAIS NAS DIVERSAS COLECCIÓNS DE LIX. Pouco se pode engadir ao que se leva dito sobre Edicións  Xerais e a súa extraordinaria aposta pola LIX galega.

Con música e sensibilidade: «O trompetista e a Lúa», de Xelís de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, ilustrado por María Lires.   O trompetista e a Lúa Con ilustracións de María Lires publica Xerais este libro de Xelís de Toro: O trompetista e a Lúa. Unha aventura musical dunha persoa que, sobre todo, persegue os seus soños. E para conseguilos vai necesitar a axuda da mesma Lúa.

Novidade: «O trompetista e a Lúa», de Xelís de Toro. Unha nova banda de música está en marcha!

O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, é unha novidade da colección Sopa de Libros. O libro está ilustrado por María Lires. A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ía formar a nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus instrumentos. Evaristo, o xeadeiro, sopraba con ilusión a súa trompeta.