Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_ánxel_fole

Novela poliédrica de lectura entretida e divertida: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole 2016

O Diario de Pontevedra publicou unha información asinada por R. L. sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «Teño a sorte de vivir nunha das cidades máis atractivas do mundo para ser convertida en escenario dunha trama»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Héctor Cajaraville, gañador do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016 coa novela Once portas. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. Que segredo garda a muralla da cidade?

Once portas, de Héctor Cajaraville, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016 O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva.

Presentación en Vigo de “Tempos de bebidas isotónicas e fast-food” de Álex Alonso

O venres, 22 de abril, ás 20:00 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, Vigo, terá lugar a presentación do libro Tempos de bedidas isotónicas e fast-food de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa curta Ánxel Fole. No acto participarán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Álex Alonso.

Héctor Cajaraville, Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta coa novela «Once portas»

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta que concede o Concello de Lugo pola súa obra Once portas, que conta unha historia que se centra na mullara de Santiago de Compostela.

Un libro que nos deixa a soas cos nosos temores: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde.     Funambulistas Hai xa tempo que quería desmiuzar un chisco Funambulistas, de Mercedes Leobalde, porque me impresionou a súa lectura, pero había algo que me inquietaba e non tiña moi claro qué era. Así que, como os bos viños, deixei repousar o tema ata que chegase o momento. E chegou.

Personaxes na corda frouxa: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Fermosa descuberta: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Anotación de Riveiro Coello

O escritor Antón Riveiro Coello publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.     «Funambulistas», de Mercedes Leobalde Hai uns días falaba aquí dun libro de microrrelatos de Núñez Singala do que gustara moito, aínda que non fora ningunha sorpresa porque xa lle lera outras cousas interesantes e sabía dos seus dotes para a escrita.

Absolutamente marabillada con «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. Funambulistas Absolutamente marabillada quedei con este libro de Mercedes Leobalde que publica Xerais: Funambulistas é un monllo de relatos ou microrrelatos -vinte e seis- que non deixa indiferente e, o que resulta aínda de máis valor, paga a pena lelos todos.

Metáforas do noso tempo: «Funambulistas«, de Mercedes Leobalde. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.   Metáforas do noso tempo Con “Funambulistas” (Xerais), o seu primeiro libro de narrativa, galardoado con premio Ánxel Fole, Mercedes Leobalde convídanos a entrar nn universo literario propio e suxestivo.

Mercedes Leobalde: «Isto é un pouco adictivo. Canto máis escribes máis che gusta». Entrevista coa autora de «Funambulistas»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a á escritora Mercedes Leobalde, gañadora do Premio Ánxel Fole co libro de relatos Funambulistas.   Mercedes Leobalde: “A vida é inseguridade, incerteza. Sempre temos que manter o equilibrio.

Presentación en Lugo de “Funambulistas” de Mercedes Leobalde

O venres, 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, Praza Maior, s/nº, terá lugar a presentación do libro Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, organizado polo Concello de Lugo. No acto participarán Xosé López Orozco (Alcalde de Lugo), Carmen Basadre (Concelleira de Cultura), Manuel Bragado e Mercedes Leobalde.