Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premios_xerais_2015

Andrea Maceiras: «Os adolescentes son un público moi fresco, con moita liberdade e mentes abertas»

El Ideal Gallego publicou unha entrevista de Noelia Díaz a Andrea Maceiras centrada na súa novela Europa Express, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Andrea Maceiras: «Trato de facer unha literatura fresca que aborde as problemáticas propias da adolescencia»

O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista de Isabel Blanco a Andrea Maceiras, sobre a súa novela Europa Express, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015,   A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro orixinal, ben construído: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela tan profunda coma o mar: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica en Libros Lectureka

O blog xuvenil Libros Lectureka publicou unha anotación  sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Manda truco! Así de interesante, tan ben escrita, cunha arquitectura tan intelixente: «De remate», de Héctor Cajaraville. Artigo de Pinto Antón

O xornal El Progreso publicou un artigo de Juan Antonio Pinto Antón sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   E de súpeto, un tal Héctor Cajaraville A BIBLIOTECA pública de Lugo ten uns oitenta mil libros. Non son poucos. Son poucos comparados cos de Heidelberg, cidade universitaria alemana de estatura similar á nosa. 3,2 millóns de libros. Esbardallas con contas irreais.

Érica Esmoris: «Cando rematei a novela dubidaba se era un libro infantil ou para adultos»

O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista de Isabel Blanco a Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. A novela está ilustrada por Dani Padrón.   A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xosé Carlos Caneiro: «Héctor Cajaraville entra pola porta grande da historia novelística galega»

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. Entre outras cousas, afirma que «Héctor Cajaraville entra pola porta grande da historia novelística galega». O artigo pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Unha novela que nos fai cómplices e consigue que sorriamos: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Mario Regueira

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro diferente que paga a pena ler: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   De remate Onte estivemos no club de lectura con Héctor Cajaraville e o seu De remate, último premio Xerais. Así que esta foi a miña última lectura, o que constituíu unha boa elección, xa que houbo momentos lectores ben agradables e divertidos.

Presentación en Pontevedra dos tres libros gañadores dos Premios Xerais 2015

O venres, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015), Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015) e De remate de Héctor Cajaraville (Premio Xerais de Novela, 2015).

Sumamente atractiva: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Cando a desidia é superada pola forza do amor: «Nena e o mar», de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.