Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ramon_nicolás

Thriller rural dun tempo que se foi, contado con destreza: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre Terradentro, de Xosé Benito Reza.  (Foto:Miguel Villar).     Un thriller rural para ler en voz alta  Había certo tempo que non caía nas miñas mans unha proposta que convidase, en inmanencia, e lela en voz alta.

A relevancia da lectura: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz.   Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz Pecha un con emoción a derradeira páxina deste libro. Con emoción porque durante unhas horas Un mundo de palabras posibilitou o reencontro co escritor, co lector, co docente, co pedagogo e co ser humano.

Thriller ambicioso: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.   Este libro espera por vostedes «A miña profesión ensinoume a valorar e respectar a historia da miña cidade. E non hai espello onde a ela lle guste máis mirarse que na súa arquitectura», di o coprotagonista desta novela o arquitecto Simón Varela.

Lecturas para o verán, por Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás recomenda no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha serie de lecturas para o verán 2017.   Os fillos do lume Retorna un dos autores de máis éxito entre nós. Faino cunha novela coral que permite mergullarnos, con axilidade e humor, no pasado da cidade de Vigo coa intención de devolver, ou evocar, algúns dos rasgos da súa propia e singular idiosincrasia.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2017

Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume  de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.

Proposta apaixonante, un dos libros máis salientables deste ano: «Terra», de Xurxo Mariño. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. (Foto: Pepa Losada).

Narrar as duras condicións de vida das mulleres etíopes con prosa directa: «Corredora», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.   «Corredora», de María Reimóndez Non é de estrañar, ao meu xuízo, que este novo libro de María Reimóndez vaia gañando con ímpeto, e día a día, un espazo propio entre as novidades narrativas máis suxestivas.

A palabra humanista nunha poesía de ollada serena: «A elegancia do século», de Pura Tejelo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. Este libro non merece esquecerse nun caixón A elegancia do século, da escritora coruñesa Pura Tejelo, acadou o Premio Johan Carballeira de poesía.

Presentación en Ponteareas de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 12 de maio, ás 20:30 horas, na Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, terá lugar a presentación do libro O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto, organizado dentro do programa “Venres D_letras”, participarán Manrique Fernández, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

A poesía militante dun poeta popular: «Versos dun fistor republicano»», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016). Foto: Manuel / La Voz de Galicia.

Elevadas doses de imaxinación e sensibilidade: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.

Os libros de Xerais que son finalistas da Gala do Libro Galego 2017

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.