Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rede_lectura

Unha amizade con moitos graffitis: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Libros e arte urbana en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda un par de libros de arte urbana e un deles é  Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso, que acaba de publicar Xerais.   Libros e arte urbana: Avións de papel de Xavier Estévez Xerais vén de publicar Avións de papel de Xavier Estévez, con ilustracións de Marcos Viso. Esta novela foi finalista do Premio Merlín 2016.

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a nova colección Básicos Ciencia de Xerais.   Colección «Básicos ciencia» de Xerais, divulgación científica en galego Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura de divulgación científica.

Por que ler Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas? Anotación en Rede Lectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.   Por que  ler  Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas? Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2015 Esta engaiolante historia pode namorar a adolescentes e a moitos adultos fieis seguidores da literatura de Jules Verne e da narrativa de Ledicia Costas.

Un xogo lúdico que convida a gozar da poesía: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. No blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.     Un novo libro de poesía para primeiros lectores Acaba de saír publicado en Xerais o  Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso, quen se encarga tamén das ilustracións.

Os Premios Xerais 2016 nos medios e na rede

(Actualizado 7/06/2016) Etiquetas Twitter: #PremiosXerais2016 / #premiosxerais16 Noticia do telexornal noite (TVG 04-06-2016) «Os Xerais reivindican o idioma propio ea “renovación constante” da literatura galega, Praza pública «Os Xerais premian con 30.000 euros tres novelas con profunda raizame social», Faro de Vigo «Un médico vigués sen máis experiencia gaña o Premio Xerais de Novela», La Voz de Galicia.

Indispensable nas nosas bibliotecas: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro. Recomendación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez.     Moita poesía Como nas escolas se le moita poesía, achegamos un poemario, recén chegado ás librarías e indispensable nas nosas bibliotecas.

Novas lecturas dalgúns contos tradicionais: «Feliz Feroz. O lobiño riquiño», de El Hematocrítico. Recomendación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro Feliz Feroz. O lobiño riquiño, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez.   Cambiando o conto: Feliz feroz Se o Lobo Feroz en lugar de ser malo quere ser bo?  El Hematocrítico preséntanos a historia de Feliz feroz. O lobiño riquiñoque lle dá unha volta ao conto clásico d´A carapuchiña vermella.

Un espazo de múltiples ecos: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Recomendación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas.   «O último día de Terranova», o último de Rivas Publica Manuel Rivas en Xerais a súa novela, O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA, da que podemos ler unha breve recensión no blogue da editorial. Terranova será desde a súa lectura un espazo de múltiples ecos para os lectores e as lectoras galegas.

Unha novela breve pero intensa: «Cara ao leste», de Antía Nara. Recomendación do blog da Asesoría das Bibliotecas Escolares

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a novela Cara ao leste, de Antía Nara.   Cara ao leste de Antía Nara Xerais vén de publicar Cara ao leste de Antía Nara, unha investigadora galega que reside en Berlín. Esta é a súa segunda novela despois de Aquel lugar (Xerais, 2007). Catro mozas reencóntranse, despois de dezanove anos, para velar a Isolina.

Dar respostas observando o noso arredor: «Para onde imos cando desaparecemos», de Isabel Minhós e Madalena Matoso. Anotación en Rede Lectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, o álbum ilustrado Para onde imos cando desaparecemos, de Isabel Minhós e Madalena Matoso.   Para onde imos cando desaparecemos? Xerais publica Para onde imos cando desaparecemos?  álbum de Isabel Minhós Martíns, con ilustracións de Madalena Matoso. A tradución do portugués é de Anaír Rodríguez.

Amizade, liberdade e medio ambiente: «Unha viaxe inesperada» de Llort e Macip. En Rede Lectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre o libro Unha viaxe inesperada é un libro de Llort e Macip, ilustrado por Sergi Cámara e pertence serie «Son un animal».

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «Europa Express», de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne 2015

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación recomendando a lectura da novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.     EUROPA EXPRESS , Premio Jules Verne de Narrativa Xuvenil 2015 Europa Express de Andrea Maceiras gañou o Premio Jules Verne de narrativa xuvenil, na edición de 2015.