Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: relatos

Xurxo Souto: «As nosas historias son fascinantes, cómpre escoitar o veciño para atopar a marabilla»

O xornal La Opinión publica unha entrevista de Gemma Malvido ao escritor e  músico Xurxo Souto, que hoxe venres día 2 de xuño presenta 4ª edición de Contos da Coruña. Será ás 20 horas na Casa da Chencha (rúa San Xosé nº 2, A Coruña). O acto contará, ademais, coa poética e erudición de Xulio Montero. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Libro axeitado para ler marabillosamente na terra da chuvia: «De paraguas», de Paco Martín. Crítica de Verónica Pousada

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Verónica Pousada Pardo sobre sobre a novela De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Paco Martín: «Este é un libro sobre persoas, pero cada persoa ten o seu xeito de levar o paraugas»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Paco Martín, sobre o seu libro de relatos De paraguas, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Non o perdan!: «De paraguas», de Paco Martín. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un escritor sólido: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Por García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez.   A luz das palabras (60) Diego Giráldez Cando lin Galería de saldos, fiquei abraiado. Tiña diante miña un libro de relatos potente, duro, orixinal no seu planteamento e que sentín coma unha frecha directa ao centro dos sentidos. Decateime axiña que estaba diante dun escritor sólido.

Diego Giráldez: «Eu quería que cada relato fose un golpe, ese disparo na boca do estómago»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Diego Giráldez sobre o seu libro de relatos Galería de saldos.   Diego Giráldez: «No oficio de escritor é máis importante saber borrar que saber escribir» Diego Giráldez (O Porriño, 1976) converteuse nun dos autores revelación do 2016. O seu libro Galería de saldos (Xerais) busca un novo camiño literario cunha voz definida desde a primeira liña.

Historias no país da chuvia: «De paraguas», de Paco Martín. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de relatos De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello.   De paraugas Paco Martín e Daniel Puente Bello son os artífices deste libro de relatos que publica Xerais: De paraugas presenta a orixinalidade da escritura dos textos a partir das fotografías dun elemento tan importante na nosa cultura como é o paraugas.

Relatos concentrados, persoais, intensos, que nos golpean: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro orixinal, que dialoga coas artes plásticas e coa realidade descarnada: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Sorprendente, retranqueiro: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro Galería de saldos, de Diego Giráldez.     Galería de saldos Como en todo libro de relatos, hai algúns que gustan máis e outros que gustan menos. Pero a impresión xeral do libro foi moi boa. Estou a falar de Galería de saldos de Diego Giráldez, publicado por Xerais.

O pulso da vida: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez.   A vida que non é de purpurina Estréase co mo narrador con libro independente Diego Giráldez con Galería de saldos: unha proposta amarrada á actualidade e, ao mesmo tempo, orixinal en canto á súa estrutura e tonalidade.

Boa literatura con carga de profundidade: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez.     Arte na literatura Non é baratería esta Galería de saldos de Diego Giráldez. Ningún autor ía desmerecer de tal maneira a  súa propia obra, mais esteimamos que debemos comezar por aclara a posíbel confusión a que poida levar semellante título.