Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: salón_do_libro_de_pontevedra

“Cousas de papá” en Concerto no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2017

O sábado, 25 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro dos actos organizados polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2017, terá lugar o concerto “Cousas de papá” baseado no libro Cousas de papá Intervirán Héctor Lorenzo, Quim Fariña, Carlos Freire e a actriz Natalia Pajarito.

Os Megatoxos no Salón do libro de Pontevedra 2014

O pasado martes, 25 de marzo, Os Megatoxos foron protagonistas no Salón do Libro de Pontevedra. O autor e ilustrador Anxo Fariña, ensinoulle aos nenos e nenas participantes nos obradoiros a decorar galletas cos personaxes da éxitosa serie, unha maneira máis de Cociñar Contos, lema do Salón do Libro deste ano.

Os Megatoxos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Anxo Fariña publicou unha anotación no seu blog sobre a presenza dos Megatoxos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. La Voz de Galicia tamén publicou unha reportaxe sobre os obradoiros.   Salón do Libro 2014 O pasado día 14 de marzo inaugurouse a XV edición do Salón do Libro de Pontevedra, co tema: Cociñando contos”.

Obradoiro de cómic “A debuxar con Marcopola” no Salón do Libro de Pontevedra

O xoves, 7 de marzo, ás 19:00 horas, Jacobo Fernández Serrano, autor da serie Marcopola. A illa remeira, impartirá un obradoiro de cómic infantil a todos os nenos e nenas que se acheguen as instalacións do Salón do Libro de Pontevedra. Marcopola. A illa remeira é unha serie de cómics dirixidos aos lectores máis novos. Está xa publicado Marcopola. 1. As orixes de Marcopola e  no mes de abril aparecerá Marcopola 2.

Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra

A escritora Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2011 que estará dedicado á «mentira» como tema central. Gloria Sánchez e a súa renovadora obra literaria converteranse na figura nuclear do evento, cunha exposición que se centrará na súa biografía e nos seus libros e outras actividades. Ela mesma, ademais, ofrecerá unha conferencia ao público do Salón.

A homenaxe a Agustín Fernández Paz en «La Voz de Galicia» e «Xornal de Galicia»

A importante homenaxe que Agustín Fernández Paz recibirá mañá no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está sendo apoiada por diversos medios de comunicación. Mañá o suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publica unha estensa entrevista de Xesús Fraga co autor de Contos por palabras.

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

O vindeiro sábado,13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón está instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas.