Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: teoría_do_riso

Unha ollada poética con ironía e subversión: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro de poemas  Teoría do riso, de Antón Patiño.

O carácter irónico da poesía: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro Teoría do riso, de Antón Patiño. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Antón Patiño: «Gústame que o poema faga un baile tipográfico sobre a páxina en branco». Reportaxe no Zig Zag da TVG

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta e pintor Antón Patiño, sobre o libro de poemas Teoría do riso. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Poesía do mínimo, con palabras que se botan a un: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas Teoría do riso, de Antón Patiño. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antón Patiño: «Non se entendería o proceso das vangardas se non fose pola alianza entre artistas visuais e poetas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Antón Patiño sobre o seu poemario Teoría do riso. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Cando o riso é un elemento subversivo: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Teoría do riso, de Antón Patiño.     «Teoría do riso» de Antón Patiño, presentación en Librouro Pechamos onte o programa de actos e presentacións de 2015 coa de Teoría do riso de Antón Patiño.

Presentación en Vigo de “Teoría do riso” de Antón Patiño

O martes, 29 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Teoría do riso de Antón Patiño. No acto participarán Julián Hernández, Alberto González Alegre, Manuel Bragado e Antón Patiño.

Novidade: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Instantes poéticos a escintilar ideogramas sobre a páxina en branco. O Adn da ironía

Teoría do riso, de Antón Patiño é unha novidade da colección de POESÍA de Xerais. É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo. Un océano de risas contra a reixa de ferro.