Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: terraza

A pertinencia e habelencia do autor convirte o poemario nun obxecto inusual e valioso: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un artigo de valoración crítica titulado Abril de libros no que fala do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Terraza No espazo da poesía chega o poemario Terraza, de Fran Alonso, poeta que ten gañado de seu a categoría de imprescindible pola súa procura incansable de espazos novos que conquistar coa palabra.

Reinventarse en cada entrega literaria: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Fran Alonso, Terraza Fran Alonso ten a teima de reinventarse con cada entrega literaria, sempre á procura de novas canles expresivas e novos xeitos de mudar a realidade máis achegada a través, a miúdo, do verso.

Vídeo da presentación de «Terraza», de Fran Alonso, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación de Terraza, de Fran Alonso en Vigo.

Texto de Iolanda Zúñiga sobre «Terraza», de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo

Reproducimos o texto de Iolanda Zúñiga sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo, na libraría Cartabón. Hoxe xoves 30 preséntase en Compostela.

É moi agradable ler versos tan directos froito da observación intensa: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, que se presenta mañá xoves 30 na libraría Chan da Pólvora en Santiago de Compostela (Rúa San Pedro) ás 20.00 horas.

Presentación en Santiago de “Terraza” de Fran Alonso

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, en Chan da Pólvora, Rúa de San Pedro, 74, Compostela, terá lugar a presentación do libro Terraza de Fran Alonso. No acto intervirán Rosalía Fernández Rial e o autor que realizará unha performance-recital poético.

Un macrotexto que se prolonga en papel, dixital, Twiter e códigos QR: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El Correo Gallego unha recensión que tamén reproduce no seu blog sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, que se presenta o próximo xoves 30 na libraría Chan da Pólvora en Santiago de Compostela (Rúa San Pedro) ás 20.00 horas.     Desde a terraza Ollar a vida desde a terraza.

Unha triloxía de poética de formato hibridado: «Terraza», de Fran Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Presentación de «Terraza» de Fran Alonso na libraría Cartabón Resultou magnífica a presentación na libraría Cartabón de Terraza, o novo libro de poemas de Fran Alonso.

Poesía da crise, da existencia, da adolescencia, da miseria, da soidade, do extravío, que se fai visual: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, que se presenta mañá venres 17 na Libraría Cartabón de Vigo, ás 20 horas.   Terraza Fran Alonso escribe dende a Terraza e publica en Xerais.

Presentación en Vigo de “Terraza” de Fran Alonso

O venres, 17 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, na librería Cartabón, rúa Urzáiz, 125,Vigo, terá lugar a presentación do libro Terraza de Fran Alonso. No acto participarán Iolanda Zúñiga,  Manuel Bragado e o autor que realizará unha performance-recital poético.

Linguaxe actual, inzada de modernidade, coloquial por veces: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha recensión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Terraza», de Fran Alonso; «Os tres de nunca», de Nacho Taibo e «Aníbal e a Pintora», de Xabier Paz, libros máis valorados na Tabela dos Libros de marzo

O libro de poemas Terraza, de Fran Alonso; a novela Os tres de nunca, de Nacho Taibo;  e a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz sitúanse respectivamente no primeiro, segundo e terceiro lugar dos libros máis recomendados no mes de marzo pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galeg