Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_mariño

Xurxo Mariño: «O teléfono móbil está xa en calquera pequena aldea de África»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María L. Viñas co científico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, subtitulado Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un ano enteiro sen ningún inverno: «Terra», de Xurxo Mariño. Video de La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha videoentrevista de Xavier Fonseca co científico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, subtituldado Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. O vídeo pode verse nesta ligazón.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Xurxo Mariño, mantedor literario

Proposta apaixonante, un dos libros máis salientables deste ano: «Terra», de Xurxo Mariño. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. (Foto: Pepa Losada).

Xurxo Mariño: «Cando chegas a Australia e ves que os aborixes viven marxinados, sorpréndeste»

A emisora de radio CarneCruda.es, integrada en El Diario, emitiu unha entrevista co neucientífico galego Xurxo Mariño sobre o seu libro Tierra, subtitulado Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo. A entrevista pode escoitarse, ou descargarse, nesta ligazón a partir do minuto 09:50.

10 momentos dunha insólita volta ao mundo: «Terra», de Xurxo Mariño, en Público

O xornal Público, que a semana pasada deu a coñecer unha entrevista do xornalista Henrique Mariño ao neucientífico galego Xurxo Mariño sobre o seu libro Tierra, subtitulado Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo, publica agora unha reportaxe do mesmo xornalista con texto e 10 fotografías moi significativas sobre «10 momentos dunha insólita volta ao mundo».

Presentación na Pobra de “Terra” e “Tierra” de Xurxo Mariño

O venres, 16 de xuño, ás 20:30 horas, no Liceo Pobrense, terá lugar a presentación do libro Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño. No acto participarán Casto Rivadulla Fernández, Cipriano Manuel Pose Lorenzo e Xurxo Mariño. Colaboran o Liceo Pobrense e a librería Ler da Pobra.

Xurxo Mariño: ««Se non tes coñecementos científicos, terminarás opinando o que opinan outros»

O xornal Público deu a coñecer unha entrevista do xornalista Henrique Mariño ao neucientífico galego Xurxo Mariño sobre o seu libro Tierra, subtitulado Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo. A edición en galego é Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.

Xurxo Mariño, mantedor literario dos Xerais 2017

O profesor e divulgador científico, Xurxo Mariño, autor de Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais, 2017), actuou como mantedor literario da velada.

Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo, premios Xerais 2017

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 3 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIVª edición do Premio Xerais de Novela, a IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón.

Presentación de “Terra” de Xurxo Mariño en Betanzos

O xoves, 18 de maio, ás 20:00 horas, na libraría Biblos de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo de Xurxo Mariño. O acto contará coa intervención de Moncho Bouzas, do Batallón Literario da Costa da Morte.

Estilo directo, con humor, por veces poético, con explicacións e reflexións: «Terra», de Xurxo Mariño. Artigo de Manuel Veiga

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia un artigo sobre o o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.   De Estrabón a Xurxo Mariño, os cambios de perspectiva na literatura galega de viaxes A evolución dun país quizais poida ser vista tamén a través dos cambios que se producen nas súas crónicas de viaxes.